Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo pide por carta a supermercados e áreas comerciais que non vendan o leite por debaixo do prezo de custo de producción

O CONCELLO ENVÍA UNHA CARTA A SUPERMERCADOS E ÁREAS COMERCIAIS SOLICITÁNDOLLES O ESTABLECEMENTO DE PREZOS ACORDES CO CUSTO DE PRODUCCIÓN PARA O LEITE, E QUE NON EMPREGUEN ESE PRODUTO COMO RECLAMO E O VENDAN POR DEBAIXO DO DEVANDITO CUSTO.

Ribadeo, 28 de setembro de 2012. O Concello envía unha carta aos supermercados e áreas comerciais de Ribadeo na que lles solicita o establecemento de prezos acordes co custo de producción para o leite, e que non empreguen este produto como reclamo e o vendan por debaixo de dito custo.

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “desde o Concello de Ribadeo, non só o goberno senón a Corporación Municipal enteira, somos conscientes da pésima situación na que se atopa o sector agrogandeiro de todo o país, da nosa comarca e do noso concello”.

O rexedor lembrou que “hai poucos días tivemos unha xuntanza aquí en Ribadeo varios alcaldes da comarca cos sindicatos agrarios e acordamos unha serie de medidas a adoptar e unha delas foi a que acabamos de facer agora aquí en Ribadeo. Como alcalde e no nome da Corporación lle enviamos unha comunicación a todo sector da distribución, é dicir a todos os supermercados e centros comerciais no senso de recoñecer o importante papel que xogan as cadeas de distribución no que ten que ver co abastecemento de alimentos á poboación, pero tamén de pedirlles que, sobre todo co leite, non aproveiten este produto para establecelo como reclamo e que o vendan por baixo do custo do producción”. Suárez Barcia considera que “esa actitude lle está a facer moito mal a este sector fundamental do noso país, que estivo e que está a ir a menos, atópase nun punto que de seguir así durante pouco tempo máis chegará a un momento de non retorno”.

O que se lles pide “é que se establezan os prezos de venda acorde co custo de producción, que permitan manter no noso territorio todas as fases da cadea produtiva e de comercialización, que permita xerar riqueza en todos os procesos e garantir o tecido social económicamente sostible. Cremos que éste será o mellor xeito de contribuir a un futuro máis próspero para a nosa comarca e para o noso país e para estas propias áreas comerciais”.

———–
Ribadeo, 27 de setembro de 2012
Estimado Sr./a. Xerente:
Como ben sabedes, o desenvolvemento dos territorios e do propio sistema da
sociedade na que estamos inmersos depende en gran medida da distribución en
equidade dos beneficios e ingresos.
O papel que deben xogar as cadeas de distribución, entre outros, é o do
abastecemento de alimentos e outras mercadorías á poboación . Así pois,
estimamos que a competitividade entre as distribuidoras son beneficiosas para a
poboación, sempre e cando garden certo equilibrio no poder de negociación entre
as distribuidoras, produtores/as e consumidores/as.
Cómpre salientar que a situación actual do sector agrogandeiro está lonxe de
ter un futuro socioeconomicamente viable. Actualmente este sector está moi por
debaixo dos umbrais de rendibilidade e hoxe máis que nunca que o seu futuro está
certamente comprometido.
Quixera lembravos que o circulo produción–consumo, precisa de papel de
todos/as, e que coa desculpa duns prezos marcados por debaixo do custo produción
no leite non farán posible a viabilidade e mantemento do sector agrogandeiro, e que
sen dúbida algunha, comprometerán a sostibilidade do noso tecido-social, que en
ultima instancia é noso elemento xenerador de riqueza do cal dependementos todos
e todas.
O reparto de beneficios que se fai na cadea de valor dos alimentos, en
concreto do leite e os seus derivados é tremendamente inxusto, xa que se fai ao
revés. Así en lugar de pagar ao sector produtor un prezo que lle cubra custos de
produción e traballo, engadir a isto os custos industriais e o xusto beneficio da
distribución e industria, o que habitualmente se fai é xustamente á inversa. Isto é, a
distribución fixa o prezo final do leite, a industria resta os seus custos e o seu
beneficio, e o sector productor aguanta un prezo imposto, que nestes momentos,
con uns custos de produción de 37 céntimos, establecese nunha mísera media da 28
céntimos.
É obvio que de continuar con esta política non han durar moito máis as nosas
granxas. E se iso chega a producirse ¿a canto se cobrará o leite nos supermercados?,
¿aos 48 céntimos que hai hoxe en moitas das ofertas, ou aos 72 céntimos que o
sector da distribución ten nas ofertas dos países europeos veciños?.
É por todo isto que, por recente acordo unánime da Corporación Municipal
de Ribadeo vimos solicitarvos a todas as cadeas de distribución que tendes
presenza neste noso Concello (ao igual que outros Concellos da bisbarra tamén o
están a facer) o establecemento de prezos acordes co custo de producción que
permitan manter no noso territorio a todas as fases da cadea de produción e
comercialización, xerar riqueza en todos os procesos e garantir un tecido social
economicamente sostible. Esta será o mellor xeito de contribuír a un futuro máis
próspero para a nosa comarca e para o noso País. Por suposto, tamén para vós.
Non podemos esquezer o futuro depende de todos nós.
Atentamente,
O Alcalde de Ribadeo
Asdo. Fernando Súarez Barcia

Exit mobile version