“A DELEGACIÓN DE OBRAS DO CONCELLO DE VIVEIRO, RESPONSABLE DO ALUMEADO MUNICIPAL, APAGARÁ AS LUCES DAS PRINCIPAIS RÚAS DE VIVEIRO EN APOIO Á CONTINUIDADE DE ALCOA E DOS POSTOS DE TRABALLO NA MARIÑA”
“A continuidade de Alcoa na Mariña é fundamental para o futuro da nosa comarca, o seu peche sería a prácticamente a defunción da Mariña tal e como a coñecemos”
“O goberno de Madrid, ten que tomar medidas urxentes, afrontar dunha vez por todas este problema coa seriedade e importancia que require, para poñer fin á incertidume existente para o futuro da factoría” declarou Bernardo Fraga.
Viveiro, levará a cabo o apagón dende ás 21.30 horas ata as 21.45 o vindeiro xoves 20 de setembro, nas principais rúas da Cidade, e facemos dende a 1ª Tenencia de Alcaldía, un chamamento a todas as veciñas e veciños da nosa Cidade, para que secunden esta iniciativa, e fagan ver, que as veciñas e veciños do noso Concello apoian maioritariamente as reivindicacións dos traballadores da factoría de Alcoa.