OS DEFENSORES DA SAÚDE LARANXA
O doutor Francisco Javier Couce volverá ser o responsable de supervisar os xogadores e xogadoras burelistas. Baixo a dirección de Juan Eiroa e Matilde González, a clínica burelá L2 Fisioterapia continuará asumindo o traballo terapéutico dos conxuntos sénior e da escola. Tamén coidará os deportistas laranxas o podólogo Miguel Murias, habitual na estrutura médica da entidade dende hai varios exercicios.