O CRONISTA DE FOZ E” O DIA DAS BICICLETAS”
E destaco isto porque non é certo o que di o cronista de Foz, que dende logo, debía de ter máis datos dos que ten ou polo menos solicitalos antes de faltar a verdade. Explícome, certamente, unha vez realizados, Sr.Cronista, todos os paseos previstos no noso municipio, que son unhos cuantos, comenzamos a traballar no carril bici, Rapadoira.final do paseo de LLás, redactándose o proxecto e quedando aprobado pola dirección Xeral de Costas no ano 2008.
A continuación, pasamos á compra de todos os terreos da marxe esquerda dende a Rapadoira ata LLás, para facer a obra. A maiores do carril bici adecentábanse campos verdes nos terreos mercados,espazos de xogos para os máis cativos e para maiores. Falamos entón dun proxecto completo, cun presuposto de 2.155.000 euros.
Rematamos de mercar os terreos a finais do 2010, poñendo os mesmos a disposición do Ministerio De Medio.Ambiente en Madrid a principios de 2011. Sr.Cronista. o grupo socialista deixa o concello en xuño de 2011,
¿Qué quere? proxecto feito, terreos comprados e pagados.
Estes son os datos reales e, lóxicamente falta a licitación, que agardamos que se produza o antes posible. Debido a isto, a súa data de 2006 é de cando se comezaron os trámites para dita obra, pero os trámites levan un tempo a consecuencia de que fan fallan moitos ingredientes pa facelas: estudios, proxectos,terreos,e presuposto. Neste caso concreto, só faltaría a adxudicación de obra.
Remato dicíndolle, Sr.Cronista que, non estamos dacordo e rógolle que se informe antes escribir e tirar sempre contra os mesmos,que por outro lado, sempre aceptamos as criticas de un modo cordial, ainda que neste caso non as podemos compartir.
José María Gracia Rivera.
Ex-Alcalde de Foz.