Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que son numerosas as queixas manifestadas por rexedores locais en relación co Plan de Cooperación con Entidades Veciñais

O destino de fondos públicos a sufragar favores políticos: exemplo do modelo de xestión do ente provincial

O Plan de Cooperación da Deputación: un programa público dirixido ao pago de obras solicitadas por edís socialistas

O PP de Lugo votou en contra deste programa xa que do estudo obxectivo das subvencións extráese un amplo número de concesións cuxo solicitantes coinciden con membros de listas electorais do PSOE ou persoas vencelladas politicamente a este partido político

Na concesión das obras, a Deputación prioriza que o beneficio repercuta sobre “amigos”, ante a necesidade real que leva implícita a adecuación

Os populares explican que son numerosas as queixas manifestadas polo rexedores locais en relación co Plan de Cooperación con Entidades Veciñais; polo que piden a Gomez Besteiro máis obxectividades na concesión de subvencións optimizando os fondos públicos

Lugo, 28-09-2012 – O modelo de xestión da Deputación provincial de Lugo identifícase polo destino de fondos públicos ao pago de favores políticos. Así o puxo de manifesto a portavoz provincial, Elena Candia, durante a rolda de prensa celebrada esta mañá e na que analizou a concesión de subvencións dentro do Plan de Cooperación con Entidades, Agrupacións e Asociacións veciñais da anualidade 2012.

Elena Candia explicou que o Grupo do que é voceira votou en contra deste plan na comisión de valoración tras constatar que parte dos fondos deste programa van dirixidos a sufragar obras cuxos solicitantes son ou ben edís socialistas ou ben persoas vinculadas con este partido político.

Candia denuncia que moitas destas obras non son financiadas en base a criterios de obxectividade e necesidade real; senón en relación a que o beneficio repercuta sobre amigos do presidente provincial da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; ou sobre os restantes membros do seu equipo.

A portavoz provincial cita exemplos de máis dunha decena de solicitantes que ían nas listas do PSOE tanto nas candidaturas de 2007 como de 2011, aos que se lle suman numerosos casos de obras que benefician directamente a concelleiros socialistas; que repercuten exclusivamente en aldeas onde residen rexedores socialistas; ou que solicitan amigos persoais de alcaldes e familiares de concelleiros e de membros achegados politicamente ao PSOE.

Trala comparativa das subvencións concedidas pola Deputación dentro deste plan durante as anualidades 2011 e 2012; a portavoz popular tamén denuncia que son máis de corenta as entidades ou asociacións preceptoras de subvencións que repiten nas dúas convocatorias. Candia explica que o fin para o que requiren a subvención parte destes entes non é considerado prioritario e cita o exemplo de parques biosaludables que a Deputación chega a financiar durante dúas anualidades e ao mesmo ente. Esta situación de mala xestión dos fondos conleva a exclusión de numerosas solicitudes cuxo fin se caracteriza por unha necesidade clara e obxectiva.

A portavoz do Partido Popular na Deputación provincial solicitoulle en varias ocasións ao ente lucense a optimación de recursos especialmente nunha época de clara necesidade de axustes.

Exit mobile version