Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP conta con sede en Mondoñedo

Logo do incremento do número de afiliados do PP na localidade mindoniense, que medrou un 40%

Mondoñedo conta dende hoxe con Sede do Partido Popular para informar e atender a tódolos cidadáns

?    O novo local foi inaugurado polo Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, quen estivo acompañado polo Secretario Xeral, José Manuel Balseiro e pola Presidenta do PP local, Elena Candia

?    O PP mindoniense fai así un esforzo para achegarse aos cidadáns, informándoos sobre temas do Concello

Lugo, 9 de setembro de 2012.- O Presidente do PP de Lugo José Manuel Barreiro, acompañado do Secretario Xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, da Voceira do PP en Mondoñedo, Elena Candia e de demais representantes políticos da provincia lucense, inaugurou esta tarde a Sede do Partido Popular de Mondoñedo.

Trátase dun esforzo que fan os populares para dotarse dunha infraestrutura destinada a achegarse aos veciños e informalos en tempo e forma sobre os asuntos de interese do Concello.

Debido ao incremento do número de afiliados, posto que medrou nun 40%, o PP veu necesaria a creación dunha Sede para levar a cabo un servizo de atención e información a tódolos cidadáns.

Os populares agradeceron a dispoñibilidade e traballo dos simpatizantes e mostráronse en total disposición de traballo e compromiso cos mindonienses.

Concluíron lembrando que os cidadáns elexiron gañador ao PP e que foi un pacto interesado o que os desprazou á oposición pero afirmaron que teñen un compromiso cos veciños que cumprirán sempre dende o lugar que ocupan e con total implicación e traballo.

Exit mobile version