Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela prepara as eleccións autonómicas

O PP de Burela prepara as eleccións autonómicas.

• Celebran mañán unha asamblea de afilidos e
simpatizantes para engrasar a maquinaria do
partido.
• Onte reuniuse o comité local.

Burela, a 12 de setembro de 2012.- O Partido Popular de
Burela está xa a preparar de forma intensiva a precampaña e a
campaña electorais do próximo día 21 de outubro. Os populares
constituiron xa o seu comité de campaña, integrado por catro
persoas.
Onte, martes, o comité local do PP burelés mantivo unha reunión
na que se falou de xeito exclusivo do proceso electoral. Os
populares perfilaron xa as liñas de traballo, liñas de traballo que
serán ratificadas polo partido nunha asamblea de afiliados e
simpatizantes que se celebrará mañán, xoves, ás oito da tarde, na
antiga biblioteca.

Exit mobile version