Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo di que o concello “ten remanente de tesourería”

Os datos contables expostos publicamente poñen en dúbida as afirmacións públicas do goberno local en relación coa dificultade económica do concello

O alcalde de Mondoñedo ou mente cando falta da situación económica do concello ou aproba contas faltas

Mentres a contabilidade feita pública presenta un remanente de tesourería positivo, o bipartito segue sen pagar aos provedores o que demostra a incongruencia de Orlando González e a súa incapacidade para gobernar

De ser fiel a contabilidade exposta publicamente na que se reflexa un remanente de tesourería superior ao 1.900.000; os populares pregúntanse o porqué o bipartito segue a acumular facturas

O PP denuncia esta irresponsabilidade e de ser certo o resultado feito público, esta circunstancia “preocupante” amosa a incapacidade dun goberno que alardea da mala situación das arcas municipais e que non paga cando ten liquidez para facelo

Mondoñedo, 7 de setembro de 2012- O Partido Popular denuncia a incongruencia nos datos en relación coas afirmacións que o rexedor local vén expoñendo dende que asumiu o goberno, ao alardear en todos os medios de comunicación e espazos públicos da mala situación económica que presentan as arcas municipais do concello de Mondoñedo.

A portavoz do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, explica que na contabilidade exposta publicamente ata o día un de setembro, reflexábase un remanente de tesourería superior ao 1.900.000 euros, en concreto, 1.911.201, 65 euros, unha vez descontado un saldo de “dubidoso cobro” de 262.908 euros. Candia explica que o remanente total de tesourería feito público sen este desconto sería de 2.174.110,16 euros.

Tendo en conta que o remanente de tesourería é un saldo que permite coñecer, ao final do exercicio, a solvencia ou capacidade económica que ten nunha administración para afrontar as súas débedas; dende o Grupo Municipal do Partido Popular pregúntanse o porqué o rexedor local, Orlando González Cruz, non paga aos proveedores canto a información que fixeron pública amosa que ten liquidez para facelo.

A portavoz local explica que ou o resultado feito público é falso, o que debe derivarse na correspondente responsabilidade, ou ben os responsables políticos do BNG e do PSOE menten en relación a crítica situación económica que están a denunciar continuamente e que os leva a acumular facturas e a non pagar as débedas.

O Partido Popular vese na obriga de denunciar esta circunstancia que cualifican de “preocupante”, e que polo tanto, pon en dúbida as afirmacións públicas do equipo de goberno no relativo a dificultade económica do concello de Mondoñedo, así como a propia necesidade do plan de axuste. A pregunta que lanzan os populares ao equipo de goberno é : Por que acumulan facturas se a contabilidade que aproban reflexa esta situación?.

Os populares denuncian esta circunstancia e aseguran que se está ante unha “importante irresponsabilidade” xa que “sen dúbida” a contabilidade “debe reflexar a imaxe fiel e real da situación económica do Concello”. O PP denuncia esta irresponsabilidade e de ser certo o resultado obtido, esta circunstancia “preocupante” amosa a incapacidade dun goberno que alardea da mala situación das arcas municipais e que non paga cando ten liquidez para facelo

Os populares explican que se está ante documentos públicos e de non reflexar a realidade esta contabilidade incumpre a lei, en concreto o artigo 205 da Lei Reguladora de Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo).

LEI

Artículo 205. Fines de la contabilidad pública local.
La contabilidad de los entes locales estará organizada al servicio de
los siguientes fines:

a.Establecer el balance de la entidad local, poniendo de manifiesto la composición y situación de su patrimonio, así como sus variaciones.

b.Determinar los resultados desde un punto de vista económico-patrimonial.

c.Determinar los resultados analíticos poniendo de manifiesto el coste y rendimiento de los servicios.

d.Registrar la ejecución de los presupuestos generales de la entidad,
poniendo de manifiesto los resultados presupuestarios.

e.Registrar los movimientos y situación de la tesorería local.

f.Proporcionar los datos necesarios para la formación de la cuenta
general de la entidad, así como de las cuentas, estados y documentos
que deban elaborarse o remitirse al Tribunal de Cuentas.

g.Facilitar la información necesaria para la confección de
estadísticas económico-financieras por parte del Ministerio de
Hacienda.

h.Facilitar los datos y demás antecedentes que sean precisos para la confección de las cuentas económicas del sector público y las
nacionales de España.

i.Rendir la información económica y financiera que sea necesaria para la toma de decisiones, tanto en el orden político como en el de
gestión.

j.Posibilitar el ejercicio de los controles de legalidad, financiero y
de eficacia.

k.Posibilitar el inventario y el control del inmovilizado material,
inmaterial y financiero, el control del endeudamiento y el seguimiento individualizado de la situación deudora o acreedora de los interesados que se relacionen con la entidad local.

Exit mobile version