Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo dúbida das afirmacións do goberno en relación coa dificultade económica do concello

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

Os datos contables expostos publicamente poñen en dúbida as afirmacións públicas do goberno local en relación coa dificultade económica do concello

O PP pediralle en pleno ao goberno local que clarifique a contabilidade xa que pese a amosar liquidez o alcalde segue acumulando facturas e débedas cos provedores

 O PP instará ao goberno municipal a que de ser fiel a contabilidade exposta publicamente, pague inmediatamente as débedas pendentes co remanente de tesourería que supera o 1.900.000 euros

 Se como afirma o goberno local, esta contabilidade é irreal, e por conseguinte non reflexa a imaxe fiel da situación do concello, o Grupo Municipal do Partido Popular pedirá que de xeito inmediato se proceda a obrigada corrección da contabilidade, ben sexa depurando saldos ou calquera outras medidas que indiquen os servizos xurídicos do concello

 O equipo de goberno pese a gastar máis de 40.000 euros na contratación dunha empresa contable externa e incluso recibir unha subvención de máis de 30.000 euros da Deputación provincial, non logrou presentar unha contabilidade real e fiel , o que demostra a inoperancia do BNG e do PSOE no concello mindoniense

Mondoñedo, 13 de setembro de 2012- O Grupo Municipal do Partido Popular pediralle en pleno ao goberno local, liderado polo nacionalista Orlando González, que clarifique a contabilidade do Concello, xa que pese a amosar liquidez, o rexedor segue acumulando facturas e débedas cos provedores. En concreto, o PP instará ao goberno municipal a que de ser fiel a contabilidade exposta publicamente, pague inmediatamente as débedas pendentes, e que incluso cancele o préstamo contratado para pago a provedores, co remanente de tesourería que supera o 1.900.000 euros.

Pola contra, se como afirma publicamente o goberno local, a contabilidade feita pública é irreal, e por conseguinte non reflexa a imaxe fiel da situación do concello, o Grupo Municipal do Partido Popular instará ao equipo de goberno a que de xeito inmediato se proceda a obrigada corrección da contabilidade, ben sexa depurando saldos ou calquera outra medida, que indiquen os servizos xurídicos do concello.

A contabilidade exposta publicamente polo goberno do PSOE e do BNG en Mondoñedo reflexa un remanente de tesourería superior aos 1.900.000 euros, en concreto, 1.911.201, 65 euros, unha vez descontado un saldo de “dubidoso cobro” de 262.908 euros. O remanente total de tesourería feito público sen este desconto sería de 2.174.110,16 euros.

Esta situación confróntanse co feito de que dende o concello de Mondoñedo non pague aos provedores cando esta información amosa que o ente ten liquidez para facelo, tendo en conta que o remanente de tesourería é un saldo que permite coñecer, ao final do exercicio, a solvencia ou capacidade económica que ten unha administración para afrontar as súas débedas.

A portavoz local, Elena Candia, explica que se o resultado feito público é falso, esta situación debe derivarse na correspondente responsabilidade. A contabilidade debe reflexar a imaxe fiel e real da situación económica do Concello, polo tanto, se tal e como anuncian nos medios, esta contía está mal, a contabilidade presentada incumpre a lei e en concreto o artigo 205 da Lei Reguladora de Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), que regula que a contabilidade dos entes locais estará organizada ao servizo entre outros, do fin de establecer o balance da entidade local, poñendo de manifesto a composición e a situación do seu patrimonio, así como as súas variacións.

O Partido Popular denuncia a incongruencia nos datos que recolle a contabilidade en relación coas afirmacións que o rexedor local vén expoñendo dende que asumiu o goberno, ao alardear en todos os medios de comunicación e espazos públicos da mala situación económica que presentan as arcas municipais do concello de Mondoñedo. O PP denuncia esta irresponsabilidade e de ser certo o resultado obtido, esta circunstancia “preocupante” amosa a incapacidade dun goberno que alardea da mala situación das arcas municipais e que non paga cando ten liquidez para facelo

Exit mobile version