Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo pidelle ao alcalde que se asesore ” dos veciños e escoite aos que gañamos as eleccións”

Sr. Alcalde de Mondoñedo, asesorese dos veciños e escoite aos que gañamos as eleccións antes de tomar decisións

Nos pasados días, comprobamos como o Equipo de goberno de Mondoñedo e o seu alcalde, entraban en razón e rectificaban a equivocada decisión de prohibir de xeito absoluto o estacionamento no entorno da praza da catedral, concretamente habilitando unha marxe da rúa da Fonte.

Para tal decisión, fixo falta, recollida de sinaturas por parte dos afectados, saídas reiteradas en medios de comunicación manifestando o seu malestar e a presentación de 2 alegacións á ordenanza municipal reguladora de Trafico. É evidente que facerlle ver ao señor alcalde e aos seus compañeiros de goberno que a decisión era equivocada non foi doado. A situación, se cabe, ten maior gravidade, se temos en conta que o equipo de goberno fora advertido en reiteradas ocasións desta situación tanto polos veciños como polo partido popular mindoniense, antes DA EXECUCIÓN DO PROXECTO, cando aínda se podía corrixir .

O Partido Popular manifestou publicamente en reiteradas ocasións que o diñeiro público invertido na obra acometida neste entorno fora un despilfarro: levantáronse beiraruas recén executadas, inabilitáronse espazos, dado que a praza tras as obras só queda para uns usos moi limitados. Así mesmo, o resultado final da rúa, dificulta de forma seria a convivencia entre circulación de vehículos e de peóns, dado que por non estar, nin está delimitada a zona para uns e para outros, NON HAI BEIRA RUAS, e no medio da mesma aparecen bloques de pedra, que ademais de afectar claramente a seguridade (xa se produciron accidentes) son absolutamente antiestéticos, inútiles e perigosos.

Ben é certo que a coherencia en materia de trafico con este equipo de goberno nunca existiu.

Agradecemos a rectificación, actuación que debe repetir en outras áreas, porque realmente, hai que recoñecer, que foi a mellor decisión dos últimos tempos, ACERTA CANDO RECTIFICA.

Pero, tamén debería servir, para aprender unha lección. O consenso, escoitar aos veciños e aceptar as propostas do PP, levaríano a acertar, mais a miúdo, e non verse obrigado a dicir digo, onde antes dixera diego.

Sen facer ningunha demagoxia, Sr. Alcalde, a regulación do tráfico en Mondoñedo é un tema que se debe tomar máis en serio, AFECTA a nosa economía, afecta a nosa poboación, e dado que as obras que deseña, a pesar de despilfarradoras son inútiles, aprenda diste erro e ASESORESE DOS QUE GAÑARON AS ELECCIÓNS E DOS VECIÑOS.

Exit mobile version