Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que revisara todas adxudicacións da Deputación

O GPPP revisará todos os procesos de adxudicacións da Deputacion provincial á empresa Sanle S.L.

. A portavoz provincial pide por rexistro os contratos asinados polo ente que preside Gómez Besteiro coa empresa Construcciones Sanle Lugo S.L,; empresa que pola información coa que conta o Grupo Popular foi adxudicataria de varios contratos de obras nos últimos tempos.

. Elena Candia mostra o máximo respecto á independencia xudicial e ao proceder dos tribunais.

Lugo, 26 de setembro de 2012-. Tras coñecer polos medios a investigación a esta empresa, así como as declaracións do seu dono, o Grupo Provincial do Partido Popular pediu por rexistro os contratos asinados entre a Deputación Provincial de Lugo e a Empresa Construcciones Sanle Lugo S.L., dado que pola información que obra no noso pode do Grupo Popular, “son varios, nos últimos tempos e algún deles de obras importantes”

A portavoz provincial reitera o seu respecto á independencia xudicial e as actuacións que se deriven da investigación, e ao mesmo tempo realiza o seu traballo como portavoz da oposición co obxecto de buscar a garantía de transparencia na xestión do ente público.

Exit mobile version