Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP indica que o regulamento do Parlamento non permite que o BNG pedir a convocatoria da Comisión Permanente para tratar o tema de Alcoa

Balseiro pide ao BNG que non engañe nun asunto tan serio como o futuro de Alcoa

• O Regulamento do Parlamento de Galicia non permite aos
nacionalistas solicitar a convocatoria da Comisión Permanente

Lugo, 12 de setembro de 2012.- O deputado do Grupo Parlamentario
Popular, Jose Manuel Balseiro, pediu hoxe aos nacionalistas que cando
se trata de falar dun asunto tan serio como é o do futuro de Alcoa non
enganen.

Co Regulamento do Parlamento de Galicia na man os nacionalistas non
poden solicitar a convocatoria da Deputación Permanente, xa que non
teñen a representación mínima necesaria para facelo e polo tanto, o
anuncio efectuado hoxe carece de credibilidade.

“O futuro de Alcoa é un asunto de suma preocupación para todos, no
que tamén todos temos que traballar na mesma dirección, e polo tanto
non ten cabida a estratexia enganosa dun partido político como é o BNG
que xoga á desinformación”-dixo Balseiro.

O deputado popular demandou aos nacionalistas a que por respecto aos
traballadores de Alcoa actúe
con maior rigor, obxectividade e fundamento e que deixe a obsesión
partidista e electoralista a un lado.

Exit mobile version