Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP levou ao pleno da Deputación unha moción relativa ao apoio ás confrarías e outra sobre a crise de prezos no sector lácteo

O Grupo Provincial Popular destaca o traballo de Núñez Feijóo en Galicia e de Mariano Rajoy en España

. Os populares criticaron que a Deputación rexeite colaborar co Ministerio de Agricultura e coa Consellería de Medio Rural en iniciativas que procuran solventar a crise do sector lácteo e destacaron o traballo conxunto entre o Ministro de Agricultura e Núñez Feijóo, quenes en 8 meses promoveron máis medidas que os socialistas en 8 anos

. Lembraron os populares que gracias a unha iniciativa do seu partido, o Goberno do Señor Besteiro incrementou a partida orzamentaria para as cofradías e, por primeira vez, non exclúeu a Cofradía de Foz

. Os populares tamén aprobaron a declaración institucional en apoio a continuidade de Alcoa, lembrando que a orixe do problema débese a mala xestión e falta de rigor por parte do Goberno de Zapatero e afirmaron que o seu partido defende os intereses de Alcoa, da Mariña e dos seus traballadores

. Os populares mostraron o comunicado que revela que o Goberno do señor Besteiro era coñecedor de que a obra do Muro de Labio non se adecuaba ao proxecto presentado pese a negalo nesta sesión plenaria

Lugo, 25 de setembro de 2012-. O Grupo Provincial Popular levou esta mañá ao pleno da Deputación dúas mocións; unha relativa ao incremento de apoio da Deputación Provincial ás Cofradías lucenses e outra relativa á mellora da estructura comercial e da resolución da crise de prezos no sector lácteo.

Ámbalas dúas rexeitadas con 11 votos a favor, e 12 en contra, por parte do PSOE e BNG.

CONFRARÍAS

En canto a moción relativa ao incremento de apoio da Deputación Provincial ás Confradías lucenses, a Voceira do PP na Deputación, asegurou que foi unha iniciativa do seu grupo a que fixo que por primeira vez o Goberno Bipartito da Deputación non excluíse a Foz da subvención das Cofrarías.

Elena Candia lembrou que estas corporacións só recibían ata a data 18.000 euros, unha cantidade económica á que se sumarán, gracias a iniciativa do Partido Popular, 3.000 euros, cos que contará Foz; con esta última cuantía, anunciada fai unhas semanas polo Ente Provincial, a partida orzamentaria para as Cofrarías será de 21.000 euros, unha cuantía, ainda así, moi escasa, tendo en conta que se trata dun sector que o ano pasado xerou máis de 120 millóns de euros-manifestou Candia

SÉCTOR LÁCTEO

En canto a moción relativa á mellora da estructura comercial e da resolución da crise de prezos no sector lácteo, a Voceira dos Populares lembrou a importancia que ten este sector na nosa Comunidade e na provincia de Lugo.

Elena Candia, consciente da mala situación que están a vivir os gandeiros, por percibir un prezo máis baixo polo seu producto, a pesar de que o 38% da cota nacional xérase na Comunidade Galega e o 55% das explotacións de leite son galegas, solicitou a Deputación de Lugo que colabore co Goberno Central e Autonómico a procura da eficiencia e competitividade das explotacións gandeiras.

Afirmou Candia que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Xunta de Galicia traballan a prol de establecer solucións co obxectivo de rematar coas prácticas de venda que fan do leite un producto de reclamo comercial e asegurou que os socialistas o único que fan é barullo e dar a espalda ao sector gandeiro, algo que quedou demostrado polo seu voto en contra, no pleno de hoxe, á moción popular.

Candia destacou o traballo conxunto entre o Ministro de Agricultura e Núñez Feijóo, quenes en 8 meses promoveron máis medidas que os socialistas en 8 anos, cuxa liña clara de traballo é a posta en marcha do contrato lácteo homologado, a aprobación dunha lei que transparente a cadea entre os gandeiros, a industria e a distribución ou a realización de inspeccións para ver a calidade do leite.

ALCOA

No tocante a Alcoa os populares aprobaron a declaración institucional en apoio a súa continuidade da factoría e lembraron que este orixínase cando o Goberno de Zapatero elimina a tarifa eléctrica para grandes consumidores, coa que se abastecía a industria.

Lembrou Elena Candia, que Alcoa, obrigada a irse ao mercado libre estase a ver afectada polo déficit de tarifa que os socialistas acumularon conxelando os prezos da luz e que o Supremo obrigou a actualizar.

Afirmou con rotundidade a voceira dos populares que o seu partido defende os interes de Alcoa, da Mariña e dos seus traballadores, e mostrou a súa confianza en que o Ministerio de Industria atenderá á situación que se expón en Cervo e Xove, que buscará a mellor solución posible para que esas 5.000 familias sigan tendo un traballo e xerando riqueza na comarca.

ROGOS E PREGUNTAS

Na quenda de rogos e preguntas, os populares preguntaron por qué a Deputación provincial sufraga a demolición do peche perimetral do cemiterio parroquial de San Pedro de labio debido a non adecuación da obra ao proxecto presentado e mostraron o comunicado que enviou a Consellería de Cultura á Deputación de Lugo que mostra claramente que o Ente Provincial foi informado de que non se adecuaba ao proxecto presentado, previo ao pago da subvención. Un escrito que revela claramente que o Ente Provincial sí coñecía esta información pese a negalo na sesión plenaria de hoxe.

Exit mobile version