Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP limita a tres o número candidatos do seu partido na Mariña con posibilidades de sair elexidos o 21-O

O secretario xeral dos populares lucenses repite como número tres da candidatura popular ás eleccións do 21 de outubro no que poderá ser a súa terceira lexislatura como parlamentario

Balseiro valora a ampla representación da Mariña na candidatura do PP e sinala a posibilidade de acadar tres deputados populares pola comarca

Xunto a Balseiro, están o exalcalde de Lourenzá Vidal Martínez Sierra, o presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad e o secretario xeral de Novas Xeracións en Galicia e tenente de alcalde en Trabada, Juan Francisco López Prieto

Lugo, 15 de setembro de 2012.- O secretario xeral dos populares lucenses e coordinador provincial da campaña electoral para as vindeiras eleccións do 21 de outubro, Jose Manuel Balseiro, valorou hoxe a ampla representación que a Mariña lucense ten na candidatura popular e sinalou a posibilidade de que o PP dispoña de ata tres deputados populares no futuro Parlamento de Galicia.

“De acadar o Partido Popular nove deputados pola provincia de Lugo, circunstancia que é posible, ampliando a representación actual, e no suposto de que volvamos a ser a forza de Goberno en Galicia, é moi posible que tres parlamentarios mariñáns populares estean no Pazo do Hórreo”.

NON É CASUALIDADE

Jose Manuel Balseiro significou que a ampla representación da nosa comarca na candidatura popular “non é unha casualidade”, senón que responde “a un compromiso do PP con esta terra. É acorde co peso específico que A Mariña ten no conxunto da provincia e cos vos resultados acadados polo PP nunha comarca na que, por exemplo, nos últimos procesos electorais, foi a forza maioritaria en todos os concellos”

ESFORZO, TRABALLO E EXPERIENCIA

Jose Manuel Balseiro, quen repite como número tres da candidatura popular ás eleccións do 21 de outubro e, polo tanto, ás portas do que podería ser a súa terceira lexislatura como parlamentario, agradeceu a confianza que Jose Manuel Barreiro, Alberto Núñez Feijóo e os populares lucenses depositaron na súa persoa.

“Estou inmensamente orgulloso de volver a participar no equipo do PPdeG, no proxecto de futuro e amor a esta terra que capitanea Alberto Núñez Feijóo. Prometo responsabilidade, rigor, xestión, experiencia e esforzo por Lugo, pola Mariña lucense” características quen significou son especialmente acaídas para os tempos que corren.

Xunto a Jose Manuel Balseiro, están o exalcalde de Lourenzá Vidal Martínez Sierra, o presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad e o secretario xeral de Novas Xeracións en Galicia e tenente de alcalde en Trabada, Juan Francisco López Prieto

Exit mobile version