Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP responde sobre os soldos

Pretenderon enganar á cidadanía lucense

O PSOE incapaz de acreditar as súas acusacións demostra que Balseiro tiña razón e que os socialistas mentiron sobre o seu soldo

Ata tal punto chega a incompetencia do PSOE lucense que descoñecen que os deputados no Parlamento de Galicia non cobran 14 pagas, senón 12, ou que Balseiro non recibiu ningunha dieta.

Na súa obsesión por arremeter contra todo, o PSOE desautoriza ao seu propio candidato, Manuel Vázquez, que non presentou ningunha iniciativa nos catro últimos anos de lexislatura.

Lugo, 6 de setembro de 2012.- Tal e como sospeitaba o deputado popular Jose Manuel Balseiro, o PSOE viuse hoxe incapaz de acreditar as súas acusacións sobre os soldos que perciben os representantes populares e, lonxe de rectificar, volven a ofrecer unha serie de cifras manipuladas, que non se corresponden coa realidade, é ás que pretenden dar visos de veracidade, a pesar de non ser correctas.

Ata tal punto chega a incompetencia dos socialistas lucenses que nin son capaces de facer unha suma correcta dos distintos conceptos, ou descoñecen algo tan simple como que os deputados no Parlamento de Galicia non reciben 14 pagas, senón 12. Algo que debería saber tendo en conta que o PSOE dispón de 25 deputados no Pazo do Hórreo, 5 deles desta provincia.

Deste xeito o soldo a percibir por parte de Jose Manuel Balseiro estaría moi lonxe da cifra que o PSOE tenlle atribuído como soldo líquido a percibir, e sería como mínimo entorno a un 35% inferior. A maiores o PSOE decide inventarse supostas axudas por desprazamento, cunha evidente falta de rigor, cando a realidade é que Balseiro non percibiu na lexislatura que remata ningunha dieta.

“Rétolles a que cando queiran e onde queiran, proben coa nómina do representante do PSOE na Mesa do Parlamento, antes Ricardo Varela, ata fai pouco tempo secretario xeral dos socialistas lucenses e actualmente o deputado Cerviño” -dixo Balseiro. “Con este tipo de noticias están quedando en ridículo e son o hazmereir de toda a provincia”

Os populares non comprenden como no PSOE poden descoñecer estas cuestións tan básicas, salvo que o fagan con evidente intención de enganar á cidadanía, o que proba a súa incompetencia e o pouco rigor co que traballan, ademais do pouco aconsellable que será que estas persoas estean elixidas como representantes políticos e ao fronte dalgunhas institucións. “Invitámoslle a pedir perdón a todos os lucenses polos seus enganos”

A maiores tamén demostran que no PSOE de Lugo non hai boa relación co resto do Grupo Parlamentario Socialista e cos propios deputados lucenses na Cámara galega, que non cometerían estes erros, e aos que nin tan sequera foron capaces de preguntarlles antes de poñerse a facer sumas inventadas.

PACHI VAZQUEZ DESAUTORIZADO

Finalmente Balseiro explicou que o PSOE de Lugo na súa nota descoñece o mínimo funcionamento do Parlamento, xa que o traballo dun deputado non só se mide polo número de iniciativas que presenta. En todo caso Balseiro é un dos dez deputados populares máis activos no número de preguntas e iniciativas rexistradas, isto a pesar de que comparte a súa condición de deputado coa de Secretario da Mesa do Parlamento, que lle obriga a realizar outras responsabilidades. Balseiro está moito por encima do 99% do Grupo Socialista en intervencións no Parlamento de Galicia.

Por outra banda, se o PSOE ten un mal concepto daqueles deputados que rexistRaron iniciativas por debaixo da media no Parlamento de Galicia, terán que explicar por que non desautorizaron publicamente a insignes parlamentarios socialistas como Marisol Soneira, Ismael Rego, Francisco Cerviño, María Dolores Rodríguez, Miguel Ángel Fernández, Luis Toxo.

Segundo Balseiro no PSOE nótaselles a súa falta de rigor e de experiencia, porque na súa obsesión por arremeter contra todos ata desautorizan ao seu propio candidato á Xunta, Manuel Vázquez, que non ten presentado unha soa iniciativa -segundo publican nos medios de comunicación- ao longo dos catro últimos anos de lexislatura.

Exit mobile version