Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP reunirase con empresarios da Mariña lucense nun almorzo en Burela

Barreiro reúnese con empresarios da Mariña lucense nun almorzo informativo

 Terá lugar mañá mércores 19 de setembro, ás 9.00h, no hotel Nordés de Burela e contará coa presenza da cabeza de lista dos populares lucenses Raquel Arias e de José Manuel Balseiro, coordinador provincial da campaña e candidato número tres da lista por Lugo

Lugo, 18 de setembro de 2012.- O portavoz do Partido Popular no Senado e presidente provincial dos populares lucenses, José Manuel Barreiro reunirase con empresarios da Mariña lucense nun almorzo informativo que terá lugar mañá mércores día 19, ás 9.00h, no hotel Nordés de Burela.

Segundo explicou o coordinador provincial da campaña do PP, José Manuel Balseiro, o foro de participación e debate ten un dobre obxectivo: Por unha banda ofrecer unha labor explicativa e pola outra, recoller distintas suxestións que desde o colectivo empresarial da comarca da Mariña poidan achegar os asistentes.

“Levamos traballando moitos meses con todos os sectores para ofrecer unha labor de explicación do que foi a xestión do goberno da Xunta de Galicia, convencidos dos seus efectos positivos. E tamén organizamos diversos foros para recoller suxestións e ideas de cara a formación do que está a ser o noso programa electoral. En resume é importante estar ao carón da xente, rendendo contas e compartindo e debatendo propostas de futuro”

O almorzo informativo contará tamén coa presenza da cabeza de lista dos populares lucenses Raquel Arias e de José Manuel Balseiro, coordinador provincial da campaña e candidato número tres da lista por Lugo.

PARTICIPACIÓN

Os populares queren presentar un programa electoral participativo que reflicta o compromiso coas necesidades dos lucenses e de aí a importancia de contar coa opinión do tecido empresarial da Mariña, unha das comarcas máis puxantes do conxunto da provincia e que dispón dun sector empresarial amplo e consolidado.

Exit mobile version