Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP reuniuse con produtores de fabas en Lourenzá

ACTO DE PRECAMPAÑA: Participaron productores da Faba e Membros do Consello Regulador

O PP escoita as demandas e propostas dos Productores da Faba e dos membros do Consello Regulador

Lourenzá, 28 de setembro de 2012.- A número dous dos populares pola Coruña, Rosa Quintana e a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, mantiveron unha xuntanza esta tarde con productores da Faba e membros do Consello Regulador.

Tanto Emma Álvarez Chao coma Rosa Quintana resaltaron a importancia que ten este producto no mercado para a economía, tanto no propio Concello coma na zona, xa que os productores pertencen a toda a comarca.

A rexedora de Lourenzá lembrou que no ano 2009 a faba de Lourenza acadou a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) o que fai que a faba de Lourenzá se distinga coa súa propia etiqueta.

Concluíron Rosa Quintana e Emma Álvarez afirmando que o principal problema que presenta a faba de Lourenzá é a comercialización e distribución, de ahí a reunión con productores e membros do Consello Regulador para buscar solucións e solventar este problema.

Exit mobile version