Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP salienta a normalidade absoluta coa que arrincou o novo curso escolar na Mariña lucense

Uns 4.800 escolares que estudan educación infantil e primaria volveron onte ás aulas nos 27 centros educativos da comarca

BALSEIRO SALIENTA A NORMALIDADE ABSOLUTA COA QUE ARRINCOU O NOVO CURSO ESCOLAR NA MARIÑA LUCENSE

 O deputado popular amosa o seu agradecemento á comunidade educativa, ás familias e ao profesorado pola grande responsabilidade que teñen cara á formación dos nenos e mozos.

Santiago, 13 de setembro de 2012.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, vén de salientar a normalidade absoluta coa que arrincou o novo curso escolar na Mariña lucense. Nesta liña quixo amosar o seu agradecemento á comunidade educativa, ás familias e aos profesorado pola grande responsabilidade que teñen cara a formación dos nenos o dos mozos no ámbito educativo comarcal.

Na Mariña lucense uns 4.800 escolares que estudan educación infantil e primaria volveron onte ás aulas nos 27 centros educativos da comarca. O número de alumnos mantense estable respecto ao ano pasado ao igual que o número de docentes, uns 460, entre profesorado a xornada completa, parcial, itinerantes e de apoio. Hai colexios que aumentan o número de docentes ao varias as unidades e viceversa, pero o número final está equlibrado. De feito, tanto en profesores, como en comedor e transporte a cifra final mantense respecto ao ano anterior.

BO TRABALLO DA CONSELLERÍA

O deputado popular salientou o traballo desenvolvido pola Consellería de Educación para a adecuación dos recursos ás necesidades educativas e o mantemento dos servizos complementarios básicos. De feito en Galicia hoxe existen 3.000 novas prazas de comedor, e novas rutas de transporte.

Balseiro tamén sinalou que Galicia ten os ratios profesor-alumno máis baixos de España (9,7 alumnos por profesor),o que lle permite ofrecer unha mellor calidade do ensino que reciben os nosos estudantes.

Neste mesmo sentido, Balseiro, destacou o compromiso da Xunta para complementar con mestres substitutos ou interinos ás necesidades dos centros de ensino. En concreto, a administración autonómica xa leva contratados 207 interinos máis que o anterior curso nestas mesmas datas.

Exit mobile version