Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela celebra o 29 a VII bonitada dos socialistas

Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela, queremos informar que o vindeiro sábado día 29 de setembro ás 14:30 horas na Praza de Abastos de Burela imos a celebrar a VII Bonitada dos Socialistas de Burela, é por isto que queremos invitar a participar na mesma a todos os afiliados e simpatizantes do noso partido na Mariña e especialmente ós de Burela a participar nesta celebración tan importante e sinalada pola Agrupación Socialista de Burela.

O menú que temos preparado consta de tres pratos e postre, e nel imos a enxalzar o noso produto máis prezado, que non é outro que o “príncipe azul” o noso bonito do norte. O prezo do menú será de 20 euros.

Entendemos que será un día moi importante para a Agrupación Socialista de Burela, á que xa teñen confirmada a súa asistencia o Deputado no Congreso e Exministro de Fomento, o compañeiro José Blanco o ministro que máis inversión pública fixo en Galicia na historia da Comunidade Autónoma, así mesmo tamén asistirá o noso Secretario Xeral Nacional, Manuel “Pachi” Vázquez o que será o próximo Presidente da Xunta despois das eleccións que se van a celebrar en Galicia o 21 de outubro e o noso secretario xeral provincial e Presidente da Deputación o compañeiro José Ramón Gómez Besteiro, así como diverso cargos autonómicos e provinciais do noso partido que teñen a ben acompañarnos nesta celebración.

O prazo límite para anotarse será o día 27 de setembro xa que o aforo da Praza de Abastos é limitado. Os interesados poden anotarse a través do correo do partido psoeburela@hotmail.com ou nos teléfonos 620848439 e 600967214.

Exit mobile version