Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela propón unha limpeza integral das augas do porto e medidas para garantir estado óptimo

Alfredo Llano García, como portavoz e en nome do grupo municipal socialista presenta a seguinte moción para a súa inclusión na orde do día do pleno do 27 de Setembro de 2012, para o seu debate e aprobación, a favor da adopción de medidas para que se realice unha limpeza integral das augas do porto e se adopten as medidas necesarias para garantir sempre un estado óptimo das mesmas, e ao amparo do establecido pola lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o Real Decreto 2568/1986, do 29 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, artigo 97.3.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Hai meses que as augas do noso porto son o soporte de un vertedoiro flotante onde se pode apreciar todo tipo de lixo ( aceites, gasóleo, plásticos, madeiras, materiais rexeitados, etc.) inundando de maneira moi significativa zonas próximas a oficina de turismo e edificio da cruz roxa.

Cando a marea está baixa o problema maniféstase, de maneira insoportable, á vista e ao olfacto producindo, o mesmo tempo, unha imaxe moi negativa da nosa vila

Son numerosas as queixas que os veciños, usuarios e visitantes fan sobre este problema que cada día medra sen que as autoridades correspondentes apliquen algún tipo de medida para dar fin a esta situación.

Por todo elo, o grupo municipal socialista do Concello de Burela, presenta para a súa aprobación polo Pleno Municipal, o seguinte ACORDO:

Instar ás autoridades portuarias da Xunta de Galicia para que no prazo máis breve posible procedan a limpeza integral das augas do porto, fagan cumprir aos usuarios as obrigas que teñan adquiridas para o respecto e coidado do medio ambiente e realicen o mantemento periódico suficiente para acadar un aspecto óptimo das augas e do conxunto da zona portuaria.

Exit mobile version