Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela solicita un pleno extraordinario para tratar as actuacións dos GRUMIR

O Grupo Municipal do PSOE, motivado pola preocupación que manifestan os veciños de Burela relativa a dotación, competencia e preparación dos GRUMIR, e para que a alcaldía explique os criterios de contratación, formación, organización e dotación de medios e últimas actuacións de este grupo de acción rápida solicitamos a convocatoria dun PLENO EXTRAORDINARIO coa seguinte ORDE DO DÍA:

1.- DEBATE SOBRE A ACTUACIÓN DOS GRUMIR DO CONCELLO DE BURELA O PASADO DÍA 27 DE AGOSTO NO INCENDIO DUN RESTAURANTE DA LOCALIDADE E DELIBERACION SOBRE AS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DO MESMO.

Tamén queremos informar ao sr Alcalde que non queremos causar ningún gasto adicional para o concello con un Pleno Extraordinario. Os integrantes do Grupo Municipal do PSOE renunciamos á asignación por asistencia a este pleno, sempre e cando se faga extensiva a toda a Corporación Municipal.

Exit mobile version