Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE do Valadouro manifesta as súas discrepancias coa alcaldía

Pasado xa o primeiro ano de lexislatura do goberno encabezado polo Señor Lamela,
queremos facer publico a nosa discrepancia con serias actitudes, que non se corrixen nin
sequera con un alcalde con dedicación exclusiva.

Constatar que os grandes temas están sen resolver ( Polígono, Plan Xeral de Ordenación
Urbana, Pediatra, Centro de día, señalización das rutas turísticas) Seguimos igual ou
peor que fai un ano e pico, o cal nos alonxamos cada vez mais dos Concellos
fronteirizos da nosa Comarca, seguimos sen ter un proxecto novo, o Concello non lidera
nin propón nada de nada. Limitándose a inverter sempre tarde e mal as inversións que
por lei nos corresponde.

Parece que con eso estamos satisfeitos, dende logo Valadouro non nota o cambio dun
Alcalde amateur a un profesional.

O mesmo podemos decir das pequenas cousas, segue sendo moi deficiente a limpeza
viaria, a limpeza dos contenedores, a adaptación de ramplas para minusvalidos.

Tamén nos sorprende que de muto propio e sen consenso se empece a señalización vial,
sen antes resolver o plan de trafico e sen polo que parece resolver as deficiencias
reseñadas polo noso grupo en canto os pasos de peóns.

Acércanse as festas esperemos que este ano non teñan que parar os operarios o paso da
banda para que se escoite a musica xa que en Valadouro sempre se empezan as obras
unhas semanas antes das festas.

Exit mobile version