Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reúnese con comerciantes e autónomos de Burela ante a “complicada situación” da comarca

O PSdeG-PSOE reúnese con comerciantes e autónomos de Burela ante a “complicada situación” da comarca

– Os afectados transmítenlle aos candidatos socialistas a preocupación pola suba do IVE e o IRPF e a aliminación da paga extra aos funcionarios, xa que “Burela ten preto de 1000 funcionarios e isto vai repercutir de forma moi negativa no consumo dos próximos meses”

Os membros da candidatura do PSdeG-PSOE en Lugo Carlos González Santín, José Ramón Val e Ismael Rego reuníronse esta mañá con membros da directiva da Asociación de Comerciantes Industriais e Autónomos de Burela ante a “complicada situación” da comarca. Os representantes da asociación transmitíronlles a falta de compromiso da Administración galega para poñer os medios necesarios que permitan levar a cabo a dinamización do comercio local. Os socialistas recalcaron o seu compromiso co pequeno comercio das vilas de Lugo, “nuns momentos moi difíciles nos que o goberno mira cara outro lado”

O principal descontento dos comerciantes vén derivado, explica González Santín, “das medidas tomadas polos executivos central e autonómico en canto á suba do IVE e do IRPF, e incluso a eliminación da paga extra de Nadal aos funcionarios”, xa que, segundo lles transmitiron os representantes da asociación, “nunha vila como Burela, que ten preto de 1000 funcionarios, vai a repercutir de forma moi negativa no consumo dos próximos meses, cunha perda de poder adquisitivo que se verá reflectido no seu balance de contas”.

Esta visita vén enmarcada no compromiso do PSdeG de que a participación cidadá teña cada vez maior protagonismo na política. “Mantemos a promesa de traballar para que o número de autónomos e emprendedores aumente en lugar de caer, como vén facendo desde fai tempo na nosa comarca, debido á falla de compromiso do PP”, destaca José Ramón Val.

Exit mobile version