Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reuniuse con representantes das instalacións portuarias de Foz para “dinamizar a economía da zona coa náutica de recreo”

O PSdeG-PSOE reúnese con representantes das instalacións portuarias de Foz para “dinamizar a economía da zona coa náutica de recreo”

José Ramón Val, número tres da lista por Lugo e candidato pola Mariña, Carlos González Santín, número dous da candidatura, e Ismael Rego, número quince, reuníronse esta mañá coa directiva do club Naútico de Foz para recabar de primeira man as súas demandas e necesidades en canto ás melloras das instalacións portuarias da zona.

Consideran primordial o dragado das dúas dársenas portuarias pola falta de calado nas mesmas así como tamén o dragado da canle de acceso ás mesmas. Por outra banda, reclaman unha maior dotación de plazas de amarre dado que hai máis de 100 embarcacións en lista de espera, e piden ao mesmo tempo que a xestión deses amarres o faga directamente o clube nautico.

O PSdeG-PSOE recolleu as demandas e comprometeuse a “traballar para sacalas adiante”, xa que “a naútica de recreo ten un enorme potencial por explotar na Mariña Lucense, e en torno a este sector pódese dinamizar a economía da nosa comarca”, segundo afirma José Ramón Val. O PSdeG adquiriu o compromiso de manter un diálogo constante cos representantes do sector, igual que o está a facer o partido con outros colectivos, tendo como piar a participación cidadá e a implicación cada vez maior das asociacións e colectivos da sociedade civil na política.

Exit mobile version