Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE segue na lea polos soldos cobrados polos políticos do PP e achega datos dos cobros

Barreiro e Balseiro, os políticos máis caros de Galicia, avergoñados de cobrar máis que o Deputado popular Javier Collarte

– O balance oficial do Parlamento de Galicia demostra que as iniciativas de Balseiro non xustifica o que cobra, con 900 propostas menos que a media por Deputado, situada en 1498

– O PSdeG-PSOE demostra con datos oficiais e públicos que Barreiro e Balseiro cobran máis que Javier Collarte, pero con resultados políticos tan nefastos para a provincia como o Goletazo ou a grave situación de Alcoa

– Barreiro asinou e votou por unanimidade os postos de asesores e as remuneracións na Deputación de Lugo, sendo o único voceiro provincial que se negou a reducir o seu número de asesores e a asignación ó seu grupo

José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro, avergoñados por ser os políticos máis caros de Galicia, non só polas súas retribucións, que ascenden ós 120.000 euros ó ano, superando ó Deputado popular Javier Colllarte, senón polos resultados das súas inesistentes xestións na Comunidade en xeral, e na provinia luguesa en particular, tentan agochar o que lles custan ós cidadáns, ós que non poden dar explicacións cribles, con mentiras moi fáciles de desmontar:

1.- Barreiro e Balseiro son os políticos máis caros de Galicia tanto polas súas retribucións como pola súas inexistentes xestións, con resultados cero para a Comunidade en xeral, e a provincia luguesa en particular. Segundo datos oficiais, publicados nas páxinas web do Parlamento e do Senado, www.parlamentodegalicia.es e www.senado.es, respectivamente, os populares reciben, tan só por seren Voceiro do PP na Cámara Alta e Secretario do PP na Mesa da Cámara galega, ingresos mínimos e fixos de 120.000 euros ó ano.

José Manuel Barreiro: asignación constitucional para os Senadores 2.813.91 euros/mes; complemento voceiro de grupo 2.667,48 euros; complemento voceiro de Comisión 1.046,47 euros; gastos de aloxamento e manuteción na capital 1.822,38 euros. TOTAL: 8.350,24 EUROS/MES——-116.903,36 EUROS/ANO COMO MÍNIMO xa que, a mairoes, Barreiro ten cubertos, tamén polo Senado, os gastos en transporte público ou en automóvil propio, e recibe un crédito anual de 3.000 euros para viaxar en taxi. Ó respecto da súa nula actividade, Barreiro non foi capar de desbloquear a situación na que se atopa Alcoa, xa que os seus compañeiros de partido na Moncloa seguen sen aprobar unha reforma enerxética que prometeron para o mes de agosto, ignorando ós máis de 2.000 lucenses que se poden quedar no paro.

José Manuel Balseiro: asignación fixa: 1.942,95 euros; complemento membro da mesa 1.831,10 euros; gastos de representación 1.095,07 euros; gastos de libre disposición 480,66 euros; gastos de aloxamento e manutención 2.587,39 euros. TOTAL: 7.937,17 EUROS/MES——-111.120,38 EUROS/ANO COMO MÍNIMO xa que, a maiores, Balseiro ten cubertos, tamén polo Parlamento galego, os gastos de transporte público, os desprazamentos en vehículo propio a razón de 0,26 euros quilómetro e aboánselle, ademais, catro viaxes fixas ó mes por desprazamento ás reunións do grupo parlamentario. Ademais, segundo datos tamén oficiais e públicos sobre a actividade parlamentaria durante esta lexislatura, Balseiro é un dos Deputados que menos propostas levou á Camara, con 900 menos que a media por Deputado, que foi de 1.498.

2.- Feijóo oculta o gasto en asesores, desembolsando, como mínimo, 14 veces máis que calquera outra institución. Segundo o Orzamento da Xunta para 2012, o Goberno galego adica, polo menos, 7 millóns de euros á contratación de persoal de confianza. Feijóo non desvela nin o presuposto total para asesores nin o seu número, tendo declarados tan só 46, ó non incluir os asesores directos que asisten ós Consellos da Xunta nin os altos cargos, como Secretario Xeral ou Director Xeral que tamén son persoal de libre designación, entre outros. En contraposición, dende que o PSOE dirixe a Deputación de Lugo, esta institución publica na súa páxina web, www.deputacionlugo.org, as retribucións do Goberno Provincial, as do persoal de libre desingación, así como o seu número. Fronte ó incremento nos gastos de asesores do PP, o PSOE reducíu en 10 persoas o número de asesores, pasando dos 18 no 2007 ós 8 que hai na actualidade na área de Presidente. Ademais, tamén rebaixou nun 30% os gastos do Goberno Provincial. Pola contra, o Partido Popular de Lugo foi o único grupo político que se opuxo a rebaixar o orzamento para o seu partido político, aumentándoo en 1.500 euros ó ano.

3.- O PP critica soldos que percibe e apoiou, sendo Elena Candia, con 50.268 euros ó ano, a Deputada máis cara de Lugo. O Partido Popular votou a favor das retribucións de políticos e asesores na institución luguesa. No Pleno de xullo de 2011 este asunto foi aprobado por unimidade. Ademais, o PP foi o único grupo político que non quixo baixar o número de dedicacións exclusivas na Deputación nesta sesión, mantendo 3, cunha retibución de 92.000 euros ó ano. A incoherencia do PP é tal que, carge contra soldos que apoiou e que percibe na actualidade. Por exemplo, a voceira popular na Deputación, Elena Candia, cobra ó ano 50.268 euros anuais, é dicir, o mesmo que un Deputado encargado de área, cando, nin tan sequera, acomete o traballo que lle corresponde, ó faltar a Comisións Executivas do Inludes, mesas de contratación ou reunións do Padroado da Fundación TIC.

4.- O PP é o partido máis caro da provincia, ó custarlle ós lucenses 1.134.000 euros ó ano. Todos os membros da Xunta directivoa do PP cobra ou cobrou soldos públicos a cargo das Administracións. Os datos públicos e oficiais que evidencian o anterior son os seguintes:

Senadores:

-José Manuel Barreiro: 120.000 euros/ano, é dicir, o político máis caro de Galicia.

-Armando Castosa, Senador e Alcalde de Cospeito: 74.676 euros/ano.

Deputados autonómicos:

-José Manuel Balseiro: 120.000 euros/ano, con Barreiro, o político máis caro de Galicia.

-Agustín Baamonde Díaz, Jaime Castiñeira, Daniel Varela Suanzes-Carpegna, Isabel Barcía Pacín, Emma Álvarez Chao e Dámaso López: 63.000 euros/ ano cada un, supoñendo un total de 315.000 euros/ano.

Cargos Xunta:

-Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade: 55.268,41euros/ano

-Raquel Arias, delegada da Xunta en Lugo: 55.268,41 euros/ano

Deputados no Congreso:

-Joaquín García Díez: 7.304,63 euros/mes; 102.264 euros/ano

Outros cargos Goberno central:

-Samuel Juárez, delegado do Goberno en Galicia: 60.154,77 euros/ano

Alcaldes

-Julio Álvarez Núñez, Alcalde de Quiroga: 40.000 euros/ano

-Antonio Muíña Pena, Alcalde de Friol mais Deputado provincial: 48.000 euros/ano

-Olga Iglesias Fontal, Alcaldesa de Triacastela máis Deputada no Congreso: 4.637,73 euros/mes; 64.928,22 euros/ano

-Alfonso Villares, Alcalde de Cervo: 2.100 euros/mes; 29.400 euros/ano

-José Antonio García, Alcalde de Sarria: 22.650 euros /ano

Concelleiros

-Mariña Gueimunde, concelleira de Viveiro e exsenadora: Como concelleira cobra por asistencia a plenos (50 euros/pleno), e cando era senadora, 4.696 euros/mes.

Asesores Xunta

-Antonio Basanta, Xefe de Relacións Institucionais e Internacionais da Consellería do Medio Rural: 38.240 euros/ano

Ademais da Xunta Directiva, existen outros órganos de dirección no PP con cargos públicos e soldo a cargo das administracións que custan 300.000 euros ó ano á cidadanía. Algúns dos máis destacados son:

-Luis Lamas Novo, director de Sogama: 84.999,97 euros/ano

-Jesús Novo Martínez, Alcalde do Vicedo máis Deputado provincial: 25.737,32/ano

-José María González Barcia, Alcalde de Burela: 45.000 euros/ano

-José Luis Iravedra, membro do Consello da CRTVG: 74.400 euros/ano

Exit mobile version