Site icon Crónica3.com A Mariña

O Teatro pastor Díaz de Viveiro acolle unha ampla programación de outono

PROGRAMACIÓN TEATRO PASTOR DÍAZ:

SETEMBRO:

Sábado 29: Curso monólogos impartido por Carlos Blanco

Domingo 30: Clausura curso monólogos. A

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 21.00

OUTUBRO:

Sábado 6: Raiolas. Alfoz. O chufón. Buxiganga.

Lugar: Teatro Pastor Díaz.

Hora: 20.30 h.

Público: todos os públicos.

Autor: Xesús Rodríguez López.

Dirección: Raiolas.

Duración: 90 minutos.

Sinopse:

O chufón é unha especie de casamenteiro, un personaxe que interviña no pasado no amaño e na concertación dos matrimonios, un mediador entre as familias dos contraentes, que aparentemente facilitaba as negociacións pertinentes, aínda que en realidade os chufóns eran máis ben artistas da adulación e a retórica, que a miúdo cobraban polos seus servizos.

Nesta obra, a presenza do chufón serve para que o autor nos mostre os costumes tradicionais galegos da época nunha alegre comedia de enredo, na que os amores e os desamores entre protagonistas masculinos e femininos provocan simpáticos malentendidos.

Sábado 13: Parápono Teatro . O reo. Buxiganga.

Lugar: Teatro Pastor Díaz.

Hora: 20.30 h.

Público: todos os públicos.

Autor: Randi Montero.

Dirección: Randi Montero.

Duración: 60 minutos.

Sipnose:

Que lle queda ao home cando lle quitan o home?

Que lle queda á vida cando lle quitan a vida?

Unha rapaza toca o acordeón. Non ten claro quen é nin porque está aquí.

Unha muller orgullosa da única posesión que ten: un paraugas. Ese é todo o seu mundo.

Tres personaxes viven nunha escaleira. Teñen unha visión moi particular do mundo en con diálogos absurdos destripan a realidade.

Un reo quéixase da inxustiza da súa situación. Clama polo seu amor, lembra o seu fogar. A súa vida representa o drama do mundo.

Están tolos só os que están nun psiquiátrico? Non temos algo de tolemia cada un de nós.
Sábado 20: Grupo de Teatro de Ribadeo. Lisístrata. Buxiganga.

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 20.30 h.

Público: todos os públicos.

Autor: Aristófanes.

Dirección: Antonio Deaño Gamallo.

Sinopse:

Lisístrata é unha muller atenense que está farta de non ver o seu marido

pois sempre está na guerra. Decide entón reunir mulleres de diferentes

partes de Grecia e propoñerlles que para acabar coa guerra do Peloponeso

debían optar pola abstención sexual.

Ao principio as mulleres escandalízanse pero logo aceptan e xuran excitar

os seus maridos pero logo non practicar o sexo. Cada muller encárgase

de propagar o xuramento por toda a súa cidade e así ningún home podería

satisfacer os seus desexos sexuais.

As mulleres toman a Acrópole, onde se atopa o diñeiro . Así non poderán

utilizalo para a guerra.

Hai unha loita para botalas e finalmente, desde Esparta, veñen uns embaixadores

para asinar a paz con Atenas pois o desexo sexual é tan grande

que mesmo pode coa guerra.

Así, cada home marcha coa súa muller. El feliz pola fin da abstinencia e

ela feliz pola fin da guerra.

Venres 26: Os quinquilláns. Merlín.

Lugar: TeatroPastor Díaz.

Hora: 18.00 h.

Clasificación:Teatro / Clásico.

Duración: 55 min.

Público: Infantil 5-15.

Autor: LUCHO PENABADE OUTEIRO.

Dirección: TERESA RODRÍGUEZ- LUCHO PENABADE.

Adaptación: LUCHO PENABADE OUTEIRO.

Escenografía: INACIO VILARIÑO.

Deseño son: XACOBO CASTRO.

Deseño iluminación: XACOBO CASTRO.

Vestiario: MARÍA CHENUT.

Música: MANUEL RIVEIRO.

Elenco artístico: PEPE SOTO, INACIO VILARIÑO,TERESA RODRÍGUEZ, LUCHO PENABADE.

Texto promocional:

FURAVENTOS arriba a súa dorna na praia das Tebras sen sospeitar que están en Avalón, a mítica illa onde aínda viven MERLÍN, MORGANA e o REI ARTUR desde hai mil cincocentos anos, grazas ás mazás da inmortalidade

Sábado 27: Malasombra Teatro. GO ON!.

Lugar: Teatro Pastor Díaz.

Hora: 20.30 h.

Clasificación: Teatro / Comedia.

Duración: 70 min.

Público: Adulto.

Autor: Jose Luis Prieto.

Dirección: Marcos Orsi.

Adaptación: Marcos Orsi.

Escenografía: Carlos Alonso.

Deseño son: Marcos Orsi.

Deseño iluminación: Malasombra.

Vestiario: Carlos Alonso.

Música: Malasombra.

Coreografía:Son do dance.

Elenco artístico: Jouse García e Xoque Carvajal.

Texto promocional: Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.”GO ON!” recopila esta experiencia límite que deixa aos do “Al filo de lo imposible” como simples boyscouts.”GO ON!” é unha emocionante novela de aventuras na que os seus protagonistas viven situación extremas como o terrible ataque do despiadado can de palleiro ou a entrevista a un porco no corredor da morte.. Unha odisea cómica no espacio galego.

NOVEMBRO:

Sábado 3. Teatro do Atlántico. E. R( Algún día traballaremos xuntos). RGTA.

Lugar: Teatro Pastor Díaz.

Hora: 20.30 h.

Autor: Josep M. Benet i Jornet.

Dirección: Xúlio Lago.

Adaptación: Xosé Manuel Pazos Varela.

Escenografía: Rodrigo Roel.

Deseño son: Xúlio Lago.

Deseño iluminación: Antón Arias/Xúlio Lago

Vestiario: Susa Porto.

Clasificación: Teatro / Comedia.

Duración:110 min.

Público: Adulto.

Elenco artístico: Manuela Varela, María Barcala, Luísa Merelas e Susana Dans

Sipnose:

¿Que é “E.R”? Un pequeno acto de amor, un berro de medo, o simplemente unha historia sinxela máis con algunhas sorpresas que deberían atrapar a vostedes, espectadores, sen deixarlles posibilidades de fuxir, a medida que avanza a acción e os acontecementos se complican.

Eu amo o teatro. Inexplicablemente. Vostedes tamén, sospeito.

Pois ben: Imos dexar soltas a catro mulleres, actrices de profesión. Imos procurar que, polo medio delas, das súas grandezas, e das súas miserias, algo que vai máis aló do teatro lles afecte a vostedes, póñaos, quizais, melancólicos –mais con algunha que outra gargallada polo medio– e que finalmente poidan sentirse consolados, ¿por qué non? ¿Consolados de qué? ¿E iso que máis ten?

Iso é “E.R. “. No fondo pretende dar, primeiro ao autor e logo, aínda que de maneira principal a todos vostedes, un pouco consolo diante do terror do paso do tempo, diante da corrupción das nosas ilusións…. E facelo a través dunha visión apaixonada, pero desencantada, da arte do Teatro. Josep M.Benet i Jornet

Sábado 10: Teatro do Morcego. O gato manchado e a andoriña siña. RGTA.

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 18.00 h.

Autor: JORGE AMADO.

Dirección: JOSÉ LUIS PRIETO ROCA.

Adaptación: JOSÉ LUIS PRIETO ROCA.

Escenografía:CARLOS ALONSO.

Deseño son: PABLO GONZÁLEZ.

Deseño iluminación: DAVID DEIVE.

Vestiario:CARLOS ALONSO.

Música: PABLO GONZÁLEZ

Elenco artístico:MUNDO VILLALUSTRE, CARLOS MOSQUERA MOS,CELIA GONZÁLEZ, MARIAN REY e MARÍA VEIGA

Clasificación: Teatro / Contemporáneo.

Duración: 60 min.

Público: Infantil A partir de 6 anos.

SIpnose: Esta é a historia dun gato que se apaixona por unha andoriña causando estrañeza en tódolos outros animais que vivían nun parque. A Andoriña está prometida co Rouxiñol pero, ao mesmo tempo, incentiva o amor do Gato. Acontecen leas, o Gato escribe poemas, os dous pasean xuntos mentres as outras personaxes condenan o amor imposíbel.

Sábado 17: Berrobamban. Bicharada. RGTA

Lugar: Teatro Pastor Díaz.

Hora: 18.00 h.

Autor:Chiqui Pereira.

Dirección:Evaristo Calvo.

Adaptación: Chiqui Pereira.

Escenografía: Pablo Giráldez ‘Pastor’.

Deseño son: Arturo Vaquero e Jahel Piñeiro, Abrigueiro Estudios.

Deseño iluminación: Fidel Vázquez.

Vestiario: Cloti Vaello (Premio María Casares 2010 ao Mellor Vestiario por este espectáculo)

Música: Manolo Panforreteiro, arranxos de Vadzim Yukhnevich.

Elenco artístico: Araña: Paula Carballeira. Formiga: Anabell Gago. Escaravello: Chiqui Pereira. Voz en off: Patricia de Lorenzo (galego e castelán), Raquel Costa (portugués).

Clasificación: Teatro / Xestual.

Duración: 50 min.

Público: Infantil De 3 en diante.

SIpnose:Unha araña e unha formiga viven tranquilas na paz do seu recuncho. Até que un día aparece un animal misterioso… Un escaravello!. Dende a primeira luz o público –nenas e nenos, grandes e pequenos- entra no mundo de Bicharada descubrindo e gozando do fantástico traballo que conseguiu vertebrar o equipo. A escenografía, o vestiario, a iluminación… Todo vai encamiñado a entrar e sentir esta historia tan máxica como simple, tan sincera como divertida, tan imaxinaria como real. Desde a súa estrea, “Bicharada” leva 40 funcións dentro e fóra de Galicia e acadou unha cifra de 8.000 espectadores. Mereceu ademais o premio María Casares 2010 ao mellor vestiario. No ano 2012 “Bicharada” participará na campaña de teatro escolar da Fundación Novacaixagalica, para a que realizará 22 funcións en Pontevedra, Compostela, Lugo e Ourense (cidades nas que xa se presentou con anterioridade). Recentemente recibimos a nova de que este espectáculo foi seleccionado para participar na CULTREDE en Portugal tamén no 2012. Bicharada ten tamén na rede unha completa guía didáctica que inclúe xogos sobre os insectos, a música do espectáculo ou as múltiples culturas do mundo, que permite traballar sobre estes temas cos alumnos que gocen co espectáculo dentro de sesións escolares.

Sábado 24: Concerto de Santa Cecilia . Banda Municipal de Música de Viveiro

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 21.00 h

DECEMBRO:

Sábado 1: Babaluva. Cama e conto. RGTA.

Lugar: Teatro Pastor Díaz.

Hora: 18.00 h.

Clasificación: Teatro / Monicreques.

Duración: 35 min.

Público: Infantil 4 A 12 anos

Autor: GONZALO MOURE.

Dirección: SANTI PREGO.

Adaptación: GABRIEL PENABADE OUTEIRO.

Escenografía: MIRARI URRUZOLA.

Deseño son: MERRAN LAGINESTRA/ANTONIO BRAVO.

Deseño iluminación: MIRARI URRUZOLA.

Vestiario: BABALUVA.

Música: MERRAN LAGINESTRA.

Elenco artístico: Titiriteiras e Actrices: Mirari e Larraitz Urruzola.

Sipnose: Un espectáculo baseado nas lembranzas de dous personaxes inolvidables, NAI e a súa filla MALVA ,que dialogan cos xestos e as palabras pero tamén dándolle vida aos obxectos máis cotiáns nunha montaxe chea de poesía e sentimento.En “Cama e Conto” trátase o paso do tempo como temática central desde unha visión optimista e pegada á realidade máis cotiá . A relación entre MALVA e NAI contén un valor exemplarizante e sincero onde podemos recoñecernos como seres humanos complexos pero onde sempre prevalecerá a amizade , o cariño e o respecto como valores inquebrantables. Unha peza teatral sobre a importancia da lectura e das relacións humanas.

Sábado 8: Lulavai en concerto. RGTA.

Lugar: Teatro Pastor Díaz.

Hora: 20.30 h.

Clasificación: Folk – tradicional. Arpa céltica.

Duración: 60 min.

Proposta musical:Un novo proxecto na que a sonoridade de 4 arpas e 4 voces fúndense para interpretar con son propio temas tradicionais e de composición. Son unha das mais delicadas e intimistas formacións da música galega actual. Estas catro mulleres crean unha deliciosa atmósfera que se pode disfrutar no seu primeiro traballo discográfico CorDasVerbas

Sábado 15: Teatro de adro. Ai Carmela¡

Lugar: Teatro Pastor Díaz.

Hora: 20.30 h.

Autor: José Sanchis Sinisterra.

Dirección: Tito Asorey

Adaptación: Nate Borrajo e Tito Asorey

Escenografía: Afonso Castro

Deseño son: Sabela Dacal e Arteficción

Deseño iluminación: Afonso Castro

Vestiario: Yaiza Pinillos e Escénate

Música: Sabela Dacal

Elenco artístico: JOSITO PORTO- Paulino e MELANIA CRUZ- Carmela

Clasificación: Teatro/Comedia

Duración: 80 min

Público: Adultos

Sipnose: Inverno do ano 1938. En Galicia, dous cómicos da legua, Carmela e Paulino, son arrestados polo bando nacional e obrigados a realizar unha función para celebrar a vitoria na Batalla do Ebro ante un público onde están presentes varios mozos condenados á morte.
Paulino, co seu afán de supervivencia, aceptará facelo, pero Carmela, nun xesto que ten máis que ver co seu propio sentido da xustiza e de solidariedade cos fracasados que cun fervor político, remata por non aceptar as ordes dadas.
Un espectáculo cómico de pequeno formato no que a música en directo ten unha importancia determinante.

Xoves 27: Concerto de fin de ano . Banda Municipal de Música de Viveiro

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 21.00 h

Venres 28: Creacións máxicas Lirolai. 15 ILUSIONS PARA UNHA NOITE de Martin Varela. RGTA.

Lugar: Teatro Pastor Díaz.

Hora: 20.30 h.

Autor: ANTON LOPEZ E ADRIAN SOLE.

Dirección: ANTON LOPEZ.

Adaptación: ANTÓN LÓPEZ.

Escenografía: FELIX SALGADO.

Deseño son: CHIQUI.

Deseño iluminación: ISABEL LAGE.

Vestiario: BEGOÑA SALIDO.

Música: MARTIN VARELA.

Coreografía: MARTIN VARELA.

Elenco artístico: ILUSIONISTA MARTIN VARELA. PARTENAIRE 1:LAURA VÁZQUEZ, PARTENAIRE 2:JULIA VARELA TECNICO DE ESCENA: JORGE MIQUEL

ClasificaciónMaxia / Maxia en xeral

Duración: 1H.15´ min

Público: Adultos

Sipnose: Sempre me preguntei porque tiña que escribir un libro, plantar un arbore e ter un fillo. Agora xa teño a resposta. No fondo mais fondo de todos os fondos, ou sexa no triple fondo queremos seguir formando parte de este lado do espello cando xa formemos parte do outro . No outro lado está o pasado e neste lado está o presente e o futuro. Martín Varela é o futuro da maxia porque ten paixón, talento e un corazón tan grande como o seu talento e a súa paixón. Esta é a razón pola que me embarquei neste proxecto tan singular.Un día, hai moito tempo, alguén me preguntou cantos anos tiña. Respostei que tiña a idade das miñas ilusións.Martín Varela nestes intres ten 15 ilusións, aínda que eu coñecino con dez. Non lles quero nin contar o que fará cando teña vinte .

Galicia está chea de maxia: da cultura, das artes, da gastronomía, da paisaxe etc.. Polo tanto esta terra precisa de ilusionistas,de embaixadores que leven polo mundo a súa imaxe e a esencia da súa maxia . E Martín Varela está chamado a ser un de eles.

“15 ilusións para unha noite” é un espectáculo intenso e arrebatador onde os soños, a comunicación, as sorpresas e as emocións aparecerán como por arte de encantamento. É un espazo onde poderás atrapar estrelas . É un encontro con un ilusionista, con un soñador ou con un poeta das ilusións que nos trae unha mensaxe de esperanza: o futuro é de todos aqueles que creemos na maxia .O MAGO ANTÓN

Exit mobile version