Site icon Crónica3.com A Mariña

Organizan unha mesa redonda en Alfoz para debater a situación da educación e dos centros educativos no concello

O vindeiro sábado, día 22 de setembro, ás 20 horas, celebrarase na Casa da Cultura de Alfoz unha mesa redonda para debater a actual situación da educación e dos centros educativos no concello. Nesta mesa redonda haberá representantes dos dous centros educativos de Alfoz, o CEIP “Castro de Ouro” e o Instituto Alfoz-Valadouro, así como representantes das APAs, concretamente da APA do CEIP “Castro de Ouro” (posto que o Instituto Alfoz-Valadouro non ten APA) e da FEPACEL (Federación de APAs da provincia de Lugo). Na organización desta mesa redonda colaboran o Departamento de Cultura e Educación do Concello de Alfoz e o Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA).

Exit mobile version