Site icon Crónica3.com A Mariña

Os estudantes empadroados en Burela poderán acollerse aos bonos-desconto concertados coa empresa Arriva

OS ESTUDANTES EMPADROADOS EN BURELA PODERÁN ACOLLERSE AOS BONOS-DESCONTO CONCERTADOS COA EMPRESA ARRIVA. HOXE E MAÑÁ PODEN FACERSE AS SOLICITUDES PARA A PRIMEIRA ENTREGA.

Burela, 4 de setembro de 2012. A Concellería de Educación informa que aqueles/as estudantes empadroados/as en Burela e que estean a realizar estudios fóra poderán acollerse aos bonos-desconto concertados coa empresa ARRIVA para as viaxes que fan os/as estudantes bureleses/as a Lugo, Santiago e A Coruña.

Para obter máis información as persoas interesadas poden chamar ao 982 58 06 09 ou ben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa do Concello, onde se realizarán os trámites. Deberán presentar o carné de identidade e a copia ou xustificante da matrícula deste curso para tramitar ditos bonos-desconto.

Hoxe e mañá poden facerse as solicitudes para a primeira entrega de bonos.

Exit mobile version