“A comisión organizadora recaudou un total de 64.098,50€, entre as veciñas e veciños de Celeiro, empresas locais, do resto do Concello de Viveiro, e de outros concellos limítrofes”
“As Festas de Celeiro, non serían posibles sen a aportación económica e colaboración de todas e todos os veciños de Celeiro, as empresas e comercios locais, e principalmente da Cofradía de Pescadores de Celeiro e de Puerto Celeiro S.A., que coa súa aportación, fixeron posible que Celeiro tivera unhas festas de primeiro nivel, neste ano 2012 a pesar da situación económica actual” declarou esta tarde, Bernardo Fraga, Presidente da ACD Penalba-Colectivo Chilindrín.
A comisión organizadora, quixo aproveitar a ocasión para agradecer tamén, a colaboración do Concello de Viveiro, da Policía Local de Viveiro e de Proteccion Civil.
Os gastos ascenderon a un total de 64.004,30 euros , polo que o superávit obtido neste ano 2012 é inferior ao de anos anteriores e supón a cantidade de 94,20€. A asociación fixo fincapé en destacar o alto porcentaxe que se levan as orquestas que ascende cada ano a case un 70% do orzamento total.
Ademais a comisión, destacou o elevado importe dos dereitos de autor, que ascendeu este ano a case 800 euros. “Non é lóxico, que despois de pagar as orquestas, che veña a sgae cobrar o imposto revolucionario, con ameazas de tomar medidas xudiciais se non é así, ese tipo de sociedades deberían de desaparecer” destacou un membro da organización.