Site icon Crónica3.com A Mariña

Pola oficina de turismo de Burela pasaron desde finais de xuño ata mediados de setembro máis de 7.000 persoas

POLA OFICINA DE TURISMO DE BURELA PASARON EN TRES MESES MÁIS DE 7.000 PERSOAS. MÓNICA PEDRE FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DESTES DATOS.

Burela, 28 de setembro de 2012. Pola oficina de turismo de Burela pasaron desde finais de xuño ata mediados de setembro máis de 7.000 persoas. A concelleira de Turismo, Mónica Pedre, fai un balance moi positivo destes datos.

En total desde o 21 de xuño ata o 16 de setembro pasaron pola oficina de turismo de Burela 6.841 cidadáns españoles, procedentes na súa maioría de Madrid, Galicia, Castela-León, Asturias, País Vasco, Cataluña, Castela-A Mancha, Andalucía, Aragón ou Comunidade Valenciana, entre outras. Tamén se achegaron a Burela a disfrutar da paisaxe e da súa gastronomía 284 cidadáns extranxeiros chegados desde Francia, Inglaterra, Puerto Rico, Alemania, Portugal e Italia. Mónica Pedre sinalou que “só na primeira quincena de setembro pasaron pola oficina de turismo do noso concello preto de 800 persoas. O que estamos a ver con todos estes datos é que Burela se vai facendo un oco pouco a pouco na comarca coma destino turístico”.

A concelleira de Turismo indicou que “os que nos visitan marchan encantados da súa estancia na nosa vila e moitos repiten. En Burela poden disfrutar dunha paisaxe magnífica, dunha exquisita gastronomía e ademáis poden achegarse ao sector pesqueiro. Quedan cousas por facer, pero pouco a pouco irémolas conseguindo”. Mónica Pedre considera que os datos falan por sí mesmos, “botando unha ollada aos visitantes que chegaron a Burela outros anos podemos comprobar que no 2008 achegáronse á oficina de turismo 4.346 persoas, no 2009 baixou un pouco a cifra e foron 3.924 as persoas que demandaron información sobre a nosa vila e sobre a comarca e no 2010 o dato quedóuse en 3.787 viaxeiros, prácticamente a metade dos que neste ano viñeron durante o verán a Burela”.

A edil popular valora de xeito moi positivo “toda a campaña estival. Agardamos que o vindeiro ano repitamos e, si é posible, melloremos estes resultados”.

Exit mobile version