Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentan o libro de Francisco Piñeiro “Historia do teatro afeccionado da Mariña” no Museo do Mar en San Cibrao

Presentación da HISTORIA DO TEATRO AFECCIONADO DA MARIÑA

O vindeiro martes, día dous de outubro, ás 20,30 horas no Museo do Mar de San Cibrao farase a presentación do libro Historia do teatro afeccionado na Mariña Lucense, escrito por Francisco Piñeiro González .
O libro prologado por Manuel Lourenzo está promocionado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo e editado polo seu Servizo de Publicacións dentro do programa Buxiganga . Nun volume de duascentas cincuenta páxinas o autor realiza un percorrido histórico a través das diferentes manifestacións teatrais levadas a cabo en tódolos concellos e parroquias da Mariña, dende o 1835 até a actualidade. Con máis de duascentas fotografías inmortalizando actrices, actores e veladas pretende ser un documento de consulta e transmisión do patrimonio inmaterial ás vindeiras xeracións.

Exit mobile version