Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron o novo curso da Escola Municipal de Música de Xove

PRESENTACIÓN DO CURSO 2012-2013 NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE XOVE

Esta presentación desenvolveuse hoxe a partires das 12:00 horas na sé da escola, no antigo Colexio de Palmeiro. Á mesma asistiron o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira Dolores Meitín, así como a directora da escola Xulia Nogueira, acompañada dos profesores que impartirán clase durante o presente curso.

Na presentación fixéronse públicos os horarios do curso, o cal vai comezar oficialmente o vindeiro luns 1 de outubro.

En canto as materias que se van desenvolver na Escola, coma en anos anteriores impartiranse distintas especialidades de corda coma violín, viola, chelo e contrabaixo, así como varias especialidades de vento coma saxo, frauta ou clarinete, xunto coas materias complementarias de linguaxe musical e coro. Xunto con isto, continuarase o traballo coa orquestra infantil e coa aula de educación musical para adultos.

Exit mobile version