Site icon Crónica3.com A Mariña

Profesores dos centros de Alfoz e representantes de APAs participaron nunha mesa redonda sobre educación

Este sábado, día 22 de setembro, ás 20 horas, tivo lugar na Casa da Cultura de Alfoz unha mesa redonda sobre a situación actual da educación, na que participaron profesores dos dous centros educativos do concello e representantes de APAs. A organización da mesa redonda correu a cargo da Delegación de Cultura do concello de Alfoz e o SEVA (Seminario de Estudos do Valadouro). Como moderador estivo Lionel Rexes e os invitados foron:
– Gonzalo Alonso, Director do IES Alfoz-Valadouro.
– Pepe Yanes, profesor do colexio de primaria “Castro de Ouro”, de Alfoz.
– Fernanda Casabella, representante da APA do colexio “Castro de Ouro”.
– Elvira Lombao, Presidenta da FAPACEL (Federación de APAs da provincia de Lugo).
– Abilio Calvo, mebro, igualmente, da FAPACEL.
Debatéronse temas moi de actualidade, como a gratuidade dos libros de texto, os recortes en educación, a subvención dos centros educativos concertados, as novas leis educativas que están sendo aprobadas nestes últimos días, a desaparición de Preescolar na Casa ou a importancia dos centros educativos no rural, entre outros.

Exit mobile version