Site icon Crónica3.com A Mariña

Rafael Fuentes, campión absoluto da XIV Carreira Popular Concello de Viveiro

RAFAEL FUENTES, CAMPIÓN ABSOLUTO DA XIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO

Antonio Veiga explicou que “esta competición, na que se dan cabida deportistas de todas as idades, fomenta o deporte de base, un dos principais obxectivos da área de Deporte da Deputación de Lugo”

Viveiro, 22 de setembro de 2012. O atleta Rafael Fuentes foi o gañador absoluto da XIV Carreira Popular Concello de Viveiro, organizada polo Club de Atletismo Egovarros, e que desde fai uns anos tamén se coñece polo nome de Julián Bernal, polo atleta ferrolá do Egovarros falecido. O Vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, fixo entrega dos premios aos gañadores e participantes da mesma.

“Estamos ante unha das probas de atletismo con máis calado da comarca, na que participaron uns 500 deportistas, dende as categorías máis pequenas, fomentando así o deporte de base, un dos principais obxectivos que nos marcamos dende a área de Deporte da Deputación de Lugo”, explicou o vicepresidente do ente provincial.

Ao longo da mañá disputáronse as probas das categorías biberón, benxamín, alevín, infantil, tanto feminina como masculina, e cadete feminina, mentras que pola tarde tivo lugar a carreira absoluta, cun percorrido de 12 kilómetros, na que participaron cadetes masculinos, xuvenís, séniors e veteranos.

A deportista homenaxeada nesta edición desta carreira popular foi a atleta Esther Pedrosa, unha das deportistas galegas máis laureadas da historia, con un palmarés no que figuran un título de España de gran fondo ns 20 kilómetros, así como varias medallas en probas de maratón e gran fondo nas décadas dos 80 e dos 90, ademais de numerosas presencias internacionais.

Exit mobile version