Site icon Crónica3.com A Mariña

Regal Cerámica participa esta semana en Maison & Object, en París

Regal Cerámica participa esta semana en Maison & Object
Do 7 ao 11 de Setembro
París (Francia)

REGAL CERAMICA

Participa en esta ocasión cun stand Baixo o paraguas de

A marca Artesanía de Galicia xunto con outros tres obradoiros artesans do ramo da xoeiria, cesteria e a marroquineria.
Dentro do apartado de invitados de lês Ateliers d¨Arte de France

A participación de Regalceramica, por septimo ano consecutivo e tras a boa acollida dos anos pasados, vai dirixida a tendas e galerias especializadas en “Obxetos de arte” e por eso expoñemos Cerámica artística en gres de alta temperatura., pezas de mediano e gran tamaño, destinadas a tendas de obxetos de arte, decoración de interiores e mobiliario entre as que cabe destacar unha colección de “Pezas únicas” Esculturas numeradas e firmadas con color e deseños vangardistas.

Como novidades presentase um apartado de “Obra de Autor” e complementos de cerámica e plata, diseñado por Otero Regal.

E tamén aproveitamos para presentar a coleción de pratos deseñados por Manolo Gómez creador de entre outros films “O bosque animado” e “Noite de San Xoan”, tratanse de 5 pratos numerados dos que soio se fai unha edición de 100 exemplares.

Cabe destacar que O BOSQUE ANIMADO en francés “LA FORET ENCHANTEE” foi um gran éxito en Francia, obtivo o premio de cine infantil de “Cannes Junior” e foi adquirida polo estado francés para proxectala nos colexios públicos de Francia

Na feira parisina estará Otero Regal en persoa atendendo a os visitantes e compradores, contara ademais cunha traductora e folletos feitos ex profeso para a ocasión en Frances e inglés.

Maison and Object é o mellor reflexo do dinamismo e do carácter emprendedor cun enorme potencial comercial. A aposta polos conceptos de diseño, calidade, creatividade e presentación, así como o creciente avance da cultura da moda para o fogar, protagonizan a oferta deste salón orientado ó comprador mais selectivo e esixente.
O contido de Maison and Object articulase en torno a oito sectores que comprenden desde a mais ampla variedade de complementos indispensables para o equipamiento e a decoración integral do fogar, hasta as novas propostas en textil, menaxe, artesanía, artículos de viaxe e todo un completo repertorio de orixinais ideas en regalos informales, de fantasía, infantis, e obxetos útiles adaptados ós novos hábitos do consumidor.

Exit mobile version