Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizos Sociais e Xuventude de Xove anuncia un programa de actividades para outono

ACTIVIDADES DE OUTONO DA CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

A Delegación de Servizos Sociais e Xuventude do Concello vai desenvolver durante este outono toda unha serie de actividades, segundo os distintos departamentos:

-Actividades de Servizos Sociais:

Neste caso están previstos obradoiros de longa duración: bordado, bolillos, ioga e bailes de salón. O prazo de inscrición ábrese o mércores 12 de setembro ata o día 26 do mesmo mes, na Oficina de Información Xuvenil.

-Departamento de Educación Familiar:

Aquí vaise desenvolver un curso máis da Escola de Maiores, para o cal vaise abrir o prazo de inscrición o luns 17 de setembro, estando aberto este prazo ata o 28 dese mesmo mes. A inscrición hai que realizala na Oficina da Educadora Familiar, xunto de Angélica. Para inscribirse hai que ter máis de 60 anos.

-Actividades de xuventude:

Festa do Samaín.- Vaise desenvolver os dias 26 e 27 de outubro. O lugar de inscrición vai ser na Oficina de Información Xuvenil, podendo inscribirse ata o 22 de outubro. Van poder inscribirse nenos/as e rapaces/as de 9 a 18 anos.

Obradoiro de Pintado de Figuras de Escaiola e Colocación do Belén na OMIX. Os dias 21 e 22 de decembro son os previstos para esta actividade, en horario de 17:00 a 19:00 horas, na Oficina de Información Xuvenil para nenos/as e rapaces/as de 9 a 18 anos.

Torneo de Tenis de Mesa.- Actividade prevista para persoas de 12 a 30 anos, vaise desenvolver o 28 de decembro. Pódese inscribirse na Oficina de Información Xuvenil ata o 23 de decembro.

ELABORACIÓN DE LISTA DE VOLUNTARIOS

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado esta a traballar en moitos proxectos con voluntarios; dende o concello de Xove pensamos que sería interesante para os nosos xóvenes participar neste tipo de actividades polo cal se está a elaborar unha lista con todas aquelas persoas que estén interesadas e dispostas a participar como voluntarias. Para apuntarse hai que pasar pola Oficina de Información Xuvenil ou mandar un correo co nome e un teléfono de contacto.

Exit mobile version