En una protesta delante de la Xunta
Un millar de trabajadores de Alcoa exige una tarifa eléctrica que evite cierres
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Sep. (EUROPA PRESS) – En torno a un millar de trabajadores de Alcoa de toda España se han concentrado ante las instalaciones de la Xunta en San Caetano para exigir una tarifa eléctrica para grandes consumidores que evite el cierre de las plantas que la compañía tiene en el país.
El presidente del comité de empresa de A Coruña, Nazario Arias, ha …
……………………………
A Deputación de Lugo apoia ós traballadores de Alcoa na concentración ante a sede da Xunta en San Caetano
A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo desprazouse hoxe ata Santiago de Compostela para amosar o apoio do organismo provincial ós traballadores de Alcoa, durante a manifestación convocada hoxe ante a sede da Xunta de Galicia. Esta concentración é outro acto reivindicativo dos que dende hai tempo vén organizando o comité de empresa de Alcoa e que dende un principio contan co apoio activo do goberno lugués.
Esta mañá, centos de traballadores viaxaron dende a Mariña ata Santiago, onde comezou, ás doce do mediodía, unha concentración ante o edificio de San Caetano en defensa da factoría e para insistir, unha vez máis, na entrevista que teñen pendente co conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, quen aínda non os recibiu logo de que se comprometera a sentarse cos traballadores para abordar o futuro da planta. Os traballadores de Alcoa continúan reclamando a implicación do goberno de Feijóo para atopar unha solución que garanta a continuidade da factoría. Alcoa San Cibrao cada vez ten menos tempo, xa que os responsables da empresa teñen fixada a data do 5 de outubro como límite para que o Goberno central se pronuncie sobre a tarifa eléctrica axeitada que permita continuar coa actividade da factoría de San Cibrao e dos milleiros de postos de traballo que dela dependen.
Durante a concentración, a Vicepresidenta Lara Méndez destacou que “hoxe aínda segue a incertidume sobre o futuro de Alcoa e non debemos esquecer que é o motor da Mariña, pero tamén da provincia. Non queremos nin imaxinar o que pode ser de todo Lugo se Alcoa desaparece”. Méndez subliñou que “dende a Deputación seguiremos apoiando ós traballadores de Alcoa e ás súas auxiliares ata o derradeiro momento e agardamos a tan ansiada solución, que será froito da unión de toda a provincia”
Apoio institucional unánime
Precisamente a Deputación vén de aprobar no Pleno ordinario do pasado martes, que contou coa presenza do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, unha declaración institucional aprobada por unanimidade dos tres grupos políticos presentes na Corporación, -PSOE, BNG e PP- e que, tal e como destacou o máximo responsable provincial, José Ramón Gómez Besteiro, “simboliza o respaldo unánime de toda a provincia a Alcoa”.
Nesta declaración, a Deputación insta ó Goberno central a presentar antes do 5 de outubro unha solución encamiñada a acadar unha tarifa eléctrica que permita que a continuidade da planta mariñana e dos 2.000 postos de traballo que xera, do 35% do PIB provincial que supón a súa actividade e do positivo impacto que para a economía do norte de Galicia ten Alcoa San Cibrao.
………………………………….
O PSdeG de Lugo únese aos traballadores de Alcoa en Santiago e esixe “unha solución inmediata”
-O PSdeG censura que en concellos como o de Ourol o PP votase en contra dunha moción a favor do futuro da factoría para “non presionar” a Feijóo e Rajoy
– A candidata luguesa Concepción Burgo lembra as “preocupantes” declaracións de Feijóo e Mato e lamenta a “falta de liderado” da Xunta
Burgo lembra ademais as declaracións recollidas nos medios de comunicación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira Beatriz Mato, nas que “demostran a absoluta falta de liderado e de iniciativa do Goberno galego” para resolver a problemática de Alcoa e chegar a un acordo para a tarifa enerxética. Feijóo asegurou nunha entrevista que o ministro de Industria vai visitar a factoría para “coñecer o problema”, antes de resolver definitivamente a estrutura tarifaria. “É que aínda non o coñece?”, pregúntanse os socialistas, que destacan que “xa non é tempo para fotos de última hora e xestos para a galería en campaña electoral”, e advirten a Feijóo de que “non se atreva a xogar cos postos de traballo e a economía” de moita xente. “O ministro, se vén, que veña con unha solución baixo o brazo, se non, que non veña”, resalta Burgo. Pola súa banda, Beatriz Mato afirmou que “a solución non é competencia da Xunta” e que “o Goberno central é quen terá que tomar algún tipo de decisión”. Burgo considera “vergoñento que a estas alturas os responsables de gobernar Galicia sigan a tirar balóns fóra” e lembra a negociación ao máis alto nivel que levaron a cabo Touriño e Zapatero para garantir e acadar o actual acordo para o mantemento da factoría e asegurar investimentos e traballo na zona.
………………………………….
JORQUERA DEFENDE QUE GALIZA POIDA DESEÑAR A SÚA PROPRIA POLÍTICA DE TARIFAS ELÉCTICAS PARA CONSOLIDAR ALCOA E FAVORECER A LOCALIZACIÓN NO PAÍS DOUTRAS EMPRESAS
O candidato nacionalista advirte que Galiza non pode permitirse o luxo de perder Alcoa, que por si mesma representa o 30 por cento do PIB da provincia de Lugo
Jorquera fixo esta proposta en declaracións aos medios durante a concentración de traballadores de Alcoa ante a Consellería de Industria, convencido de que nun contexto de crise como o actual Galiza non se pode permitir o luxo de perder unha empresa coma esta, que é sostén da economía da comarca da Mariña e que tamén en Coruña dá traballo a 500 persoas, entre emprego directo e inducido.
O candidato nacionalista lembrou que, por si mesma, Alcoa representa o 30 por cento do PIB da provincia de Lugo e preguntou como é posíbel que un país como Galiza, que é o segundo productor eléctrico do Estado e que é excedentario nesta enerxía non poida deseñar a súa propria política tarifaria.
“O que está acontencendo en Alcoa -dixo- é a consecuencia de termos un goberno galego carente de política industrial durante estes case catro anos e un goberno central cunha política tarifaria totalmente perxudicial para Galiza”.
Jorquera explicou que para o BNG é evidente que Alcoa ten que ter unha tarifa acorde coa súa condición de grande consumidora eléctrica, unha tarifa de longa duración e unha “política que recoñeza a nosa especialización productiva que favoreza a consolidación das empresas existentes e a localización doutras novas”.
VÍDEO EN http://www.youtube.com/watch?v=VsyJC9cO2Lk&feature=youtu.be
…………………………………………………
Villares e Salgueiro reuníronse en Santiago co conselleiro de Industria e co presidente do comité de Alcoa de San Ciprián
-A xuntanza tivo lugar durante a manifestación en apoio a Alcoa en Santiago de Compostela
O encontro foi xestionado polos dous rexedores mariñáns e tivo lugar no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, durante a manifestación en apoio a Alcoa que tivo lugar na mesma capital galega. Unha mobilización á que acudiron, por parte do Concello cervense, o alcalde, Alfonso Villares; o tenente de alcalde, José Manuel Balseiro e a edil Begoña Alonso, así como representantes do comité de traballadores do Concello de Cervo.
Villares fixo un balance “moi positivo” da reunión, na que Guerra “reiterou o carácter irrenunciable da permanencia de Alcoa na Mariña e nos transmitiu o traballo continuo de mediación que está levando a cabo a Xunta de Galicia”. O mandatario cervense explicou que o conselleiro “destacou a reunión que mantivo o presidente do Goberno, Mariano Rajoy co presidente de Alcoa durante a súa viaxe aos Estados Unidos con motivo da Asamblea Xeral da ONU”.
O rexedor resaltou a importancia da manifestación que tivo lugar en Santiago para reivindicar unha tarifa eléctrica competitiva para a empresa e asegurou que “dende o goberno municipal estamos cos traballadores, con Alcoa e coa necesidade de acadar unha tarifa eléctrica xusta e que permita á factoría seguir na Mariña” explica o alcalde. “Estamos posicionados do seu lado nesta pugna coas eléctricas, pero tamén estivemos fisicamente con eles, nesta manifestación coa que agardamos que as grandes empresas enerxéticas, que teñen a solución deste conflito na súa man, entendan que Alcoa ten moitos apoios, e que se están enfrontados coa empresa, tamén terán en contra a centos de persoas”.
O rexedor manifestou a súa disposición e a de todo o executivo local para seguir realizando e secundado todas as iniciativas e todos os xestos “que estean na nosa man” para apoiar á fábrica e a todos os seus traballadores, “e farémolo como concello no que se asenta a planta de Alcoa, como concello no que residen centos de persoas que dependen da súa continuidade e simplemente por responsabilidade e solidariedade con toda a sociedade mariñá” remata o mandatario cervense.