Para a Xunta de Persoal é obvio que o conxunto de medidas do PP teñen como obxectivo último desmantelar todas as conquistas sociais e laborais no sector público, xa que non se está só a falar de reducir salarios ou eliminar pagas extra senón tamén de destruír emprego reducindo a administración e, polo tanto, eliminando os servizos que até o de agora esta prestaba para provocar a súa privatización.
Ademais, as medidas aprobadas polo goberno de Mariano Rajoy supoñen tamén un ataque frontal contra a negociación colectiva, arma fundamental para a defensa e mellora das condicións laborais e sociais dos traballadores e traballadoras, eliminando na práctica, mediante decreto lei, a forza vinculante dos convenios e derrogando o Estatuto Básico do Empregado Público.