TRAGANDO SAPOS?
Agora, con unha saída de banqueto de tres pes, das que nos ten acostumados chimpa do goberno municipal de Viveiro a os socios de coalición, os tres concelleiros do BNG dos que recoñece, en roda de prensa, que estaban a facer ben as súas competencias, pero para el e mais importante o seu “ego” persoal e di que o fai por que os do BNG pídenlle que de unha vez por todas cumpra o “trato” de cando pactaron, facer os presupostos antes de que chegue o 30 de Novembro, co engadido de “Si non o fai, volvera a mentir a os cidadáns de Viveiro mirándoos a cara”.
O alcalde mostrase moi alporizado por chamarlle mentireiro, faltaría máis, el que, como bo domador de serpes e hábil prestidixitador da palabra leva incumprindo promesas e leis dende que chegou a poltrona municipal.
E agora que pode pasar? En primeiro lugar repartirá as competencias que tiñan os nacionalistas entre as súas “huestes” Cal voltará a levar Obras e quizais deportes tamén, cultura a delegación que ten a maldición do xitano neste concello, voltará a darlla a algunha das súas “eficaces” concelleiras, e unha vez máis, agora xa ten disculpas, non fará os presupostos para 2013, xa que non ten os votos necesarios para aprobalos.
E quen perde con esta comedia? Pois, como sempre o pobo de Viveiro, que voltara a ver a folgazaneria, improvisación e ineficacia do seu concello, sin contas, presupostos e mala xestión dos escasos cartos de que dispón.
Pode haber sorpresas? Pois, un non o descartaría, Cesar Aja Mariño tenlle moitas gañas a Melchor e a bo seguro que vendería a súa alma a o demo por chimpalo fora do concello, así que a xogada de xadrez pode ser esta, o BNG pide unha moción de confianza, ou propón unha moción de censura e de súpeto Aja vota a Bernardo para Alcalde, e Roel a rúa, ou tamén pode ser esta outra: Moción de censura a Bernardo vótano os Independentes por Viveiro e Aja abstense e Melchor para a Praza Maior.
Pero tamén podería ser que as cousas sigan como están Melchor goberne, é un dicir, en pírrica minoría, 6 concelleiros de 17, vaia trampeando, sen presupostos nin votacións que lle compliquen a vida e de paso paralizando o concello, endebedándose mais e convertindoe en unha nave sen rumbo.
A Política e o arte de tragar sapos… e cobras, iso e o que nesta ocasión lle faltou a Melchor Roel. E en política sábese que e parte importante da tarefa que un debe asumir a hora de decidir entrar neste mundo e peor aínda, cando un ocupa cargos importantes como e ser alcalde de Viveiro e ter que gobernar en minoría.
Otero Regal