Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ manifesta a incapacidade do goberno do PP para tender os problemas de Foz

Unifoz, ten que manifestar unha vez máis a incapacidade do E.Goberno do PP de Foz, ante a deixadez e falta de atención por dar solucións aos problemas do Pobo.

En esta ocasión temos que denunciar a deixadez en temas de seguridade vial, como o demostra os semáforos de acceso ao Instituto que tamén son necesarios para veciños que residen na zona e que durante o mes de agosto practicamente non funcionaron,co conseguinte prexuízo e perigo en este cruce, e máis agora co inicio do curso escolar.

UNIFOZ, tamén quere denunciar o abandono do E.Goberno do PP de Foz con respecto ao parque Martinez Otero, ao marxe de que non se regou en todo o verán, e as poucas zonas verdes que ten están sen acondicionar, algo lamentable tendo en conta que é este un parque que está no centro do pobo, na avda. da Mariña, e a imaxe que iso representa…

Unifoz, recollendo o sentir dos veciños queremos pedirlle ao E.G do PP de Foz, unha maior atención ao medio rural no segado e limpeza de pistas, por encontrarse a maioría en total abandono.

Exit mobile version