Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou o campionato de bolos en Xove

XXIVª TIRADA DE BOLOS – XIIIª SUB 16 – IVª LIGA FEMININA

(TEMPORADA 2012/2013)

Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIAS DA 1ª TIRADA

(Centro Social de Lago – Sábado, 6 de outubro 2012)

CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO ( 6 OUTUBRO 2012)

26 INSCRITOS: 15 NA LIGA SENIOR, 4 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION

NOME

TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO

CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

268

12

SEGUNDO

SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

252

10

TERCEIRO

CÉSAR CANCELOS LÓPEZ

242

8

CUARTO

JORDI MEITÍN SERANTES

241

7

QUINTO

JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

236

6

SEXTO

ARTURO VIGO CASABELLA

231

5

SÉTIMO

FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

229

4

OITAVO

MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

202

3

NOVENO

FÉLIX MÉNDEZ GALDO

192

2

DÉCIMO

JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

188

1

MELLOR BOLADA

SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

86

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO

DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

177

6

SEGUNDO

SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

162

4

TERCEIRO

ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

92

3

CUARTO

LARA RODRÍGUEZ BAÑO

51

2

QUINTO

1

MELLOR BOLADA

SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

56

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO

BELÉN MEITÍN ROUCO

214

6

SEGUNDO

DOLORES BAÑO FRAGA

137

4

TERCEIRO

CARMEN ROCA CORRAL

119

3

CUARTO

CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

110

2

QUINTO

PAULA CAMPO SUÁREZ

36

1

MELLOR BOLADA

BELÉN MEITÍN ROUCO

65

1

Para Liga desta tempada cambiáronse algunhas cuestións, entre elas o número de tiradas, que pasa de tres a catro, ousexa, tódolos xogadores/as van realizar 4 tiradas, en dúas tandas de 2 tiradas cada unha, dahí os altos tanteos acadados.

Liga Senior Masculina.- Excelente primeiro día de competición o realizado por Carlos Javier Rodríguez, quen non baixou de 61 tantos en ningunha das 4 tiradas, dahí este excelente tanteo, nun campo en boas condicións pero un pouco seco. Carlos Javier, que foi campión desta competición na tempada 2004-2005, convérttese no primeiro líder. Segundo foi Sócrates Campo con 252 tantos, quen está moito como xogador nestes últimos tempos, mellorando os seus rexistros ano a ano. Terceiro temos a César Cancelos con 242 tantos, que o pasado ano tamén comezou moi forte, pero que foi baixando o seu rendimento segundo se aproximada o fin de tempada; a ver se este ano mantén máis regularidade.

Liga Senior Feminina.- Espectacular victoria de Belén Meitín, quen coa súa puntuación de 214 tantos, podría quedar entre os 10 primeiros da liga senior masculina. Belén, subcampiona o pasado ano, e clasificada sempre entre as tres primeiras nas últimas edicións desta Liga, ten unha espiña cravada, xa que inda non conseguiu ningunha victoria final; dende logo, se mantén este nivel o resto do ano, vai se difícil parala. Ocupando a segunda e terceira prazas, dúas das favoritas para o trunfo final: Dolores Meitín con 137 tantos e a actual campiona Carmen Roca con 119.

Liga Sub 16.- Pouca participación nesta Liga; a ver se nas vindeiras tiradas podemos sumar algún neno/a e rapaz/za máis. Polo resto, os tres favoritos iniciais, clasificados nas tres primeiras prazas na liga pasada, ocuparon os primeiros postos nesta tirada inicial de Lago. Daniel López, con 177 tantos, é o primeiro líder, seguido da actual campiona Salomé Cardoso e de Isaiais Cardoso.

Debido a un posible desprazamento este vindeiro fin de semana da maioría dos xogadores/as do Club de Bolos Xove a unha competición a Asturias, a TIRADA QUE ESTABA PREVISTA PARA ESTE SÁBADO 13 DE OUTUBRO EN PALMEIRO SUSPÉNDESE ATA NOVO AVISO. Segundo isto, a vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS, EN SAN ISIDORO DE MONTE O VINDEIRO SÁBADO, 20 DE OUTUBRO DE 2012.

CALENDARIO DE TIRADAS

XORNADAS DE PROMOCIÓN DOS BOLOS ENTRE @S ESTUDANTES DO IES ILLA DE SARÓN

Lugar: CAMPO DE BOLOS DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE

Dias: 24 E 25 DE SETEMBRO DE 2012

TIRADAS REGULARES

2.012

SÁBADO, 6 DE OUTUBRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO.

SABADO, 13 DE OUTUBRO.- CLUB DE PALMEIRO EN A RIGUEIRA.

SÁBADO, 20 DE OUTUBRO- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS EN MONTE.

SÁBADO, 27 DE OUTUBRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FUTBOL DE XOVE.

SÁBADO, 3 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.

SÁBADO, 10 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.

SÁBADO, 17 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ EN PORTOCELO.

SÁBADO, 24 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.

SÁBADO, 1 DE DECEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS.

SABADO, 15 DE DECEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO

2.013

SÁBADO, 12 DE XANEIRO.- CLUB DE PALMEIRO EN A RIGUEIRA.

SÁBADO, 19 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS-MONTE

SÁBADO, 26 DE XANEIRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE.

SÁBADO, 2 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.

Sábado 9 de febreiro: Sábado de Antroido

SÁBADO, 16 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.

SÁBADO, 23 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ.

SÁBADO, 2 DE MARZO .- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.

SÁBADO, 9 DE MARZO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS. REMATE DA XXIIIª TIRADA DE BOLOS (XIIª TIRADA SUB 16 E IIIª TIRADA FEMININA) COA ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS.

SÁBADO, 16 DE MARZO.- Xª COPA DE BOLOS “CONCELLO DE XOVE” NO CENTRO SOCIAL DE LAGO: Copa masculina e Copa feminina/Liga Sub 18.

BASES REGULADORAS DA TIRADA DE BOLOS ANUAL “CONCELLO DE XOVE”

O Concello de Xove, consonte ao previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de incentivar a participación cidadá na Tirada de Bolos anual do Concello de Xove, establece as normas reguladoras da participación, as axudas económicas e dos premios que se outorgarán aos participantes que interveñan nos citados actos, de acordo coas seguintes

BASES

PRIMEIRA.- DEFINICIÓN DO OBXECTO

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios da Tirada de Bolos anual “Concello de Xove”, que inclúe a XXIV Liga Senior masculina, XIII Liga Sub18 e IV Liga Senior Feminina.

SEGUNDA.- REQUISITOS DOS PARTICIPANTES

Tanto na Liga Senior Masculina coma na Feminina poderá participar calquera persoa, sen límite de idade. Na Liga Sub 18, que terá carácter mixto, poderán participar tanto rapaces coma rapazas menores de 18 anos. Caso de cumplir os 18 anos durante o campionato, deberá seguir na Liga Sub 18 ata a finalización do mesmo.

Non obstante, os rapaces ou rapazas menores de 18 anos que opten por participar en calquera das dúas ligas senior, deberán declinar a súa participación na Liga Sub 18.

A documentación a presentar será exclusivamente o N.I.F. En cada tirada, polo representante municipal elaborarase un listado dos participantes na mesma e da puntuación obtida.

TERCEIRA.- TIRADAS E NORMAS

As normas que regulan a competición serán establecidas con carácter previo ao comenzo da mesma e expostas para xeral coñecemento dos participantes.

Nas distintas convocatorias anuais se determinarán os lugares e días das tiradas así como as datas de inicio e fin do campionato.

CUARTA.- CRÉDITO ORZAMENTARIO E TRAMITACIÓN ANTICIPADA DO GASTO

A contía máxima destinada aos presentes premios é de 4.965,00 euros € (partida 341.481 do Estado de Gastos do Municipal).

Os premios serán concedidos parte no presente exercicio, correspondentes ás tiradas de outubro a decembro, por importe de 1.800,00 euros, e parte no exercicio seguinte ao da convocatoria, correspondentes ás tiradas de xaneiro a marzo e premios finais, por importe de 3.165,00 euros. Será polo tanto de aplicación o previsto no artigo 56 da Lei Xeral de Subvencións sobre tramitación anticipada de gasto. A concesión queda así condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

QUINTA.- PREMIOS

Haberá dous tipos de premios: premios por tirada e premios finais.

A) Premios por tirada.

LIGA SENIOR M. LIGA SUB 18 LIGA SENIOR F.

1º Premio……………… 25 EUROS……………………..15 EUROS……………………15 EUROS

2º Premio………………. 20 EUROS……………………..10 EUROS……………………10 EUROS

3º Premio………………. 20 EUROS……………………….5 EUROS……………………..5 EUROS

4º Premio………………. 20 EUROS

5º Premio……………… 20 EUROS

PREMIO Á MELLOR BOLADA…..5 EUROS……………….……..5 EUROS…………………….5 EUROS

B) Premios finais

LIGA SENIOR M. LIGA SUB 18 LIGA SENIOR F.

1º Premio……………… 200 EUROS……………………..90 EUROS……………………90 EUROS

2º Premio………………. 150 EUROS……………………..75 EUROS……………………75 EUROS

3º Premio………………. 100 EUROS……………………..50 EUROS…………..……….50 EUROS

4º Premio………………. 75 EUROS……………..……. 30 EUROS………………….. 30 EUROS

5º Premio……………… 75 EUROS……………..…… 30 EUROS…………………. 30 EUROS

6º Premio………………. 50 EUROS

7º Premio………………. 50 EUROS

8º Premio………………. 50 EUROS

9º Premio……………… 50 EUROS

10º Premio………………. 25 EUROS

11º Premio……………… 25 EUROS

12º Premio…………….. 25 EUROS

PREMIO Á MELLOR BOLADA…..50 EUROS…………..….….50 EUROS…………….…….50 EUROS

A maiores, e compatibles con calquera dos doce premios finais, tamén se concederán tres premios finais dentro da liga senior masculina para as mellores puntuacións daqueles que cando realicen a súa primeira tirada teñan cumpridos os 60 anos de idade. Estes premios serán de 75 euros, 50 euros e 25 euros.

A contía dos premios anteriores é líquida. De acordo co RD 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas, non están suxeitos a retención ningún dos anteriores premios.

SEXTA.- PROCEDEMENTO DE ENTREGA DE PREMIOS

Unha vez rematada cada tirada, o técnico municipal de cultura, ou no seu caso, o representante municipal ao efecto, emitirá informe coa relación de gañadores segundo as normas a que se refire a Base Terceira. Os premios das tiradas serán entregados en efectivo debendo asinarse polo perceptor no momento da súa recepción. Para os premios finais, elaborarase polo técnico municipal de cultura un informe final a xeito de proposta detallando a relación de beneficiarios segundo a puntuación obtida, indicando o seu nome e dirección, D.N.I. e número de conta bancaria así como representante legal para o caso de menores de idade. Sobre dito informe-proposta resolverá a concesión dos premios a Xunta de Goberno Local.

SÉTIMA.- PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A presentación do DNI e calquera outra documentación da que sexa necesario dispor supón a aceptación incondicional das presentes bases e das condicións, requisitos e obrigas contidas nestas.

A concorrencia ao proceso de concesión de subvencións implicará a manifestación tácita do consentimento inequívoco ao tratamento de datos de carácter persoal e a súa pubblicación de acordo co previsto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estructamente á xestión e tramitación do expediente correspondente.

DISPOSICIÓN FINAL

As presentes Bases permanecerán en vigor para os vindeiros exercicios en tanto en canto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresas.

Acordo da X.G.L. na súa sesión de 16 de xullo de 2.012

INSCRICIÓNS:

As inscricións, segundo acordo tomado polo conxunto de xogadores/as o 12 de marzo de 2011 na Bolera do Centro Social de Sumoas, quedan da forma seguinte:

-LIGA SUB 18………………………………………………………………………………….2´50 EUROS.

-LIGA SENIOR MASCULINA (INCLUIDOS OS DE 18)……………………..4 EUROS.

-LIGA SENIOR FEMININA: (INCLUIDAS AS DE 18) EN DIANTE.…..4 EUROS.

O diñeiro recaudado na inscrición de cada unha das tiradas non ten ningunha vinculación co Concello, xa que é un diñeiro que se recauda por parte de tódolos participantes para adicalo integramente a unha PINCHADA FINAL, que se realiza ao remate de cada tirada.

Tódolos xogadores/as que gañen algún dos premios recollidos nas Bases recibirán, xunto co mesmo, un trofeo. Tamén haberá un trofeo para o xogador/a de máis idade que participe regularmente no campionato.

Para os premios finais da Liga Senior de Maiores de 60 anos teranse en conta as puntuacións da Liga Senior. Poderán participar nesta competición os que cando realicen a súa primeira tirada no campionato teñan cumpridos os 60 anos. Os premios finais nesta categoría serán para os tres xogadores maiores de 60 anos que teñan maior puntuación ao final, resolvéndose os posibles empates coa mesma fórmula que as restantes categorías. Os premios desta categoría son compatibles cos da Categoría Senior, polo cal tamén poderán optar a un dos doce premios finais desta categoría.

Os premios de cada categoría entregaranse ao final da última tirada. No caso de que ao final do campionato houbera un empate para algún dos tres primeiros premios de cada categoría, este desfaríase o último dia mediante o sistema de tres tiradas (tirada e desquite) cada xogador/a; se persistise o empate, volveríanse a facer outras tres tiradas e así ata que se desfixera ese empate. A partires do 3º posto, a clasificación farase, loxicamente, en orde ao número de puntos; en caso de empate en algún dos postos a partir do terceiro, farase un desempate mediante unha sola tirada (tirada e desquite) cada xogador/a; se persistise o empate, volveríase a facer outra tirada e así ata que se desfixera ese empate.

Para o premio da mellor bolada de todo o campionato no caso de que houbera empate, este desfaríase mediante unha sola tirada (tirada e desquite) cada xogador; se persistise o empate, volveriase a facer outra tirada, e así ata que se desfixese ese empate.

No caso das tiradas normais, calquer empate dilucidaríase cunha sola tirada (tirada e desquite); e se seguira o empate, realizaríase outra tirada, e así ata que se desfixera ese empate.

Para os premios non vai contar o número de tiradas en que participou cada xogador, polo cal é importante para tódolos xogadores participar no máximo número de tiradas; en cantas máis se participe, máis serán as posibilidades de obter puntos.

Durante esta temporada, e tal como se aprobou o 17 de marzo de 2012 en Sumoas, en cada campionato teremos 2 tandas de tiradas, con dúas boladas (bolada + desquite) en cada tanda. Isto é para tódalas categorías.

Durante a temporada non se poderá cambiar, baixo ningún concepto, de categoría, ousexa, non se poderá pasar da Liga Sub 18 ás Ligas Senior Masculina ou Feminina, nin viceversa. O/a que se inscriba por primeira vez nunha categoría, terá que manterse nesa categoría ata final de temporada.

Liga Senior Masculina

-Segundo o acordo tomado o 12 de marzo de 2011 no Centro Social de Sumoas, a competición senior masculina volve a retomar a Línea do 20.

Liga Senior Feminina

-Según o acordo celebrado no Centro Social de Sumoas o 17 de marzo de 2012, nesta Liga poderán participar tódalas rapazas e mulleres que teñan 18 ou máis anos. Poderán participar tamén rapazas de menos de 18 anos se así o deciden, pero non poderán participar nesta mesma temporada na Liga Sub 18. Tamén se aprobou que para temporada 2012-2013 desta Liga exista a Liña do 20.

-As normas aplicables a esta Liga son as mesmas que para a Liga Senior Masculina, coa diferencia de que a línea da tirada inicial vai estar situada nesta categoría a 8 metros da finqueira, pero só para “cucada”.

Liga Sub 18

-Poderán participar na categoría “Sub 18” rapaces e rapazas que non teñan cumplido 18 anos; a organización poderá pedilo DNI para comprobar a idade dun/unha participante. Se cando comece o campionato un rapaz/a non ten 18 anos pero os cumple durante o mesmo, considerarase que ata o remate final desa temporada como se non os tivera cumprido. (Aprobado o 17 de marzo de 2012 en Sumoas para Temporada 2012-2013).

-As normas de xogo polas que se rexe a categoría SUB 18 son a mesmas que están vixentes para a Liga Senior Masculina, coas seguintes diferencias:

-A línea da tirada inicial vai estar situada nesta categoría a 8 metros da finqueira, pero só para “cucada”.

Nesta Liga non hai línea do 20.

-Nesta categoría os xogadores/as poderán xogar cunha bola máis pequena que as normais (pequena e grande) coas que habitualmente xogamos; con isto tratamos de axudarlle aos competidores/as máis xóvenes. Esta bola máis pequena non poderá ser utilizada por ningún xogador/a das categorías senior masculina e feminina.

NORMAS

A NORMATIVA para esta XXIVª Tempada, QUEDA DA SEGUINTE MANEIRA:

LÍNEA DO 8.-

Os/as xogadores da Liga Sub 18, as xogadoras da Liga Senior Feminina e os xogadores de 70 ou máis anos da Liga Senior Masculina van xogar coa LÍNEA DO 8 (SITUADA A 8 METROS DA FINQUEIRA), pero só a efectos de “cucada”. Para o valor dos bolos a línea que conta vai ser coma sempre a LÍNEA DO 10. O desquite o terán que facer tódalas categorías dende a LÍNEA DO 10.

Dentro desta Norma temos unha excepción que afecta aos xogadores/as da Liga Sub 18 ata 12 anos (os de 12 anos incluidos) e das xogadoras maiores de 70 anos (con 70 anos cumplidos), aos cales non lles vai contar ningunha liña á hora de tirar, ousexa, se lles permite a “cucada”. No desquite, teñen a mesma norma que o resto dos xogadores.

TIRADA.-

-É obrigatorio ter un pé pisando na pedra dende a que se fai a tirada.

-A bola ten que pasala linea (cordel) -do 8 (8 metros) ou do 10 (10 metros) segundo a categoría- totalmente para que a tirada sexa válida. Se a bola queda encima do cordel ou se a linea imaxinaria do 8 ou do 10 corta algunha parte da bola, considerarase que esta tirada non é válida e o xogador/a cucaría.

-Os bolos para valer 10 puntos terán que estar máis alá da linea do 10. O bolo que esté encima da linea do 10, ou ben, se a a linea imaxinaria do 10 corta algunha parte do bolo, este bolo valerá 3 puntos respectivamente.

DESQUITE.-

-Para desquitar, en ningún caso se poderá pisar a linea do 10, e inda que non se pise, non se poderá botar o pé diante da linea do 10 mentras a bola de desquite non pase da linea da finqueira onde están colocados os bolos; en ámbolos dous casos o desquite quedará anulado con CERO PUNTOS.

BOLA ROTA e BOLOS ROTOS.-

-Si durante a tirada rompe a bola, haberá que repetir a tirada de novo. Si durante o desquite rompe a bola, haberá que repetir toda a xogada (tirada e desquite), non valendo os puntos conseguidos previamente na tirada; en ámbolos dous casos anteriores haberá que respetar o principio de que a tirada completa (tirada e desquite) se realice coa mesma bola.

-Os mesmos principios que valen para as bolas rotas aplicaranse aos bolos rotos.

No caso de que un bolo se perda ou extravie, non haberá que repetir a xogada, senón que bastará con repoñer ese bolo perdido por outro.

BOLOS NA FINQUEIRA.-

-No caso de bolos caidos aos dous lados dun bolo que esté de pé no seu sitio ou rozando o furado, valerán os bolos do lado onde haia maior número deles.

-O bolo que quede de pé na finqueira e ocupe total ou parcialmente unha “base” (furado onde se colocan os bolos) da mesma, contará como se ese bolo estivera asentado totalmente na súa “base”.

En todo aquilo que non esté contemplado nos presentes apartados e NORMAS, será a ORGANIZACIÓN quen decida.

Exit mobile version