FOZ ACOLLERÁ DO 1 AO 3 DE NOVEMBRO A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES. A CASTAÑA SERÁ A PROTAGONISTA DESTA CITA.
Foz, 27 de outubro de 2012. Foz acollerá do 1 ao 3 de novembro a celebración do Samaín organizada por la Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos.
Dende a directiva de Acia Foz explican que o Samaín “é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Tódolos Santos e os irlandeses exportaron esta tradición a Estados Unidos, o que deu lugar á festa de Halloween”. Acia Foz anima “a disfrutar dun producto tan típico destas datas como é a castaña”.
Por outra parte, o colectivo empresarial focense ten xa á venta en varios establecementos asociados a lotería de Nadal.