Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí inicia unha campaña de recollida e reciclaxe de roupa e calzado usados

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí inicia unha campaña de recollida e reciclaxe de roupa e calzado usados

Diríxome aos medios de comunicación para solicitar o seu apoio na divulgación dunha campaña solidaria coa poboación refuxiada saharauí que se levará a cabo en toda Galicia durante os meses de outubro e novembro de 2012.

Un grupo da nais e pais da Mariña que acolleron nenos/as nos últimos veráns decidiron unirse a esta iniciativa coa que pretenden colaborar coa “Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí” dende a comarca de Mariña Lucense.

Trátase dunha campaña de recollida e reciclaxe de roupa usada e calzado (vestimentas, mantas, sabas, bolsos, mochilas …). O noso obxectivo e acadar reunir polo menos 15.000 quilos. Co diñeiro obtido coa venda deste material, que nós xa non utilizamos, posibilítase a materialización e financiamento de Proxectos de Carácter Humanitario: compra de alimentos e medicamentos para o pobo saharauí e financiamento de parte dos billetes dos nenos do programa “Vacacións en Paz”.

Nos próximos días colocaranse nos centros de ensino, locais sociais e algúns lugares máis por determinar (cando se teña realizado este traballo, remitirémoslle una relación completa dos lugares onde os veciños poderán depositar a roupa). En principio hai voluntarios para realizar esta campaña nos concellos de Viveiro, Vicedo, Xove e Cervo; aínda que se intentará chegar a outras localidades, polo que desexamos que se algunha persoa ou colectivo esta disposto a colaborar nesta iniciativa solidaria se poña en contacto con nós.

Moitas gracias por todo, atentamente

Exit mobile version