Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG-Sanidade denuncia o “desmantelamento da sanidade pública para vendela ao mellor postor”

De CIG-SAÚDE A MARIÑA aos MEDIOS DE COMUNICACIÓN e SOCIAIS.

“Non consintas que os mercados e as políticas neoliberais nos Convertan en escravas/os dos seus intereses. Asúa avaricia non ten límites, e para isto Contan Co apoio e a complicidade de FEIJOO E DE TODO O PARTIDO POPULAR.

Non podemos permitir que mentres hai cada día mais ricos/as, e aumenta a súa riqueza, o resto do pobo nos quedemos sen traballo, sanidade pública, educación, Servizos sociais…

Qué compensación están a recibir o Sr FEIJÓO e o seu goberno por condenar ao pobo Galego a límites de pobreza extrema destruíndo os Servizos públicos e o estado de benestar?

Dende CIG-SAÚDE A MARIÑA queremos enumerar algunhas das medidas que 0 goberno do PP implementou na Galiza para conseguir o seu obxectivo: “desmantelamento da sanidade pública para vendela ao mellor postor”.

Entre outras, estas son as medidas que avalan ao goberno de Nuñez Feijoo

1.- No 1° ano de goberno 0 Partido Popular reduciu en máis de 300 millóns de euros o orzamento destinado a Sanidade.

2.- Feijóo e 0 PP iniciaron unha campaña pública de desprestixio de traballadores/as: “Esta panda de vagas/os que reciben un soldo inmerecido”.

3.- Incrementou a xornada laboral. Suprimiu días de libre disposición e permitiu a supresión de días adicionais de vacacións, e días de antigüidade do E.B.E.P.

4.- Eliminou postos de traballo impoñendo a taxa de reposición do 10%, de cada1O persoas que se xubilen só se cubrirá unha praza.

5.- Inorementou o número de Camas peohadas durante os meses de verán. Co incremento exponencial das Iistaxes de espera, e redución da Contratación para a cobertura de vacacións.

6.- Reduciu a contratación do persoal eventual, non se cobren as ausencias do persoal: días libres, incapacidade laboral, xubilacións…

7.- Suprimiu o complemento retributivo en situación de Incapacidade Temporal, instaurando un Verdadeiro “imposto á enfermidade”.

8.- Eliminou o Plan de Mellora da Atención Primaria. Deixáronse sen cubrir 1049 postos de traballo que xa estaban orzamentados.

9.- Eliminou o Plan Galego de Saúde Mental. Deixaronse sen cubrir 154 postos de traballo que xa estaban orzamentados.

10.- O Plan Galego de Condutas Adictivas (drogadicción) sufriu unha redución orzamentaria de máis de 1.400.000€.

11.- Introduciu no SERGAS do modelo de financiamento privado, modelo PFI. Privatización pura e dura da sanidade pública.

12.- Repago da asistencia sanitaria. Copago farmacéutico para as/os pensionistas.

13.- Eliminou, por Decreto, o dereito a ter unha sanidade, pública, universal, gratuíta e de calidade.

Ademais disto, unha vez se celebren as eleccións do día 21,0 Partido Popular posiblemente aprobará no Consello Interterritorial o pago por:

– Transporte sanitario para as/os doentes que teñan que recibir asistencia oncolóxica, dialise, rehabilitación.

– Realización das mamografías solicitadas pola/o médica/o ante a sospeita dun cancro.

A túa mellor ferramenta para cambiar esta situación: VOTAR o 21 de OUTUBRO, digámoslle a Feijóo que NON!!! “

Exit mobile version