Site icon Crónica3.com A Mariña

A “Comarca de Mondoñedo Unida” continúa coas súas reivindicacións durante As San Lucas

A “Comarca de Mondoñedo Unida” continúa coas súas reivindicacións durante As San Lucas

Mondoñedo, día de San Lucas – 2012

Tal e como xa se ten anunciado en días pasados a Plataforma ?Comarca de Mondoñedo Unida? vaise facer ver durante a celebración das feiras e festas de As San Lucas mediante a colocación de pancartas nos puntos máis visibles das vías de comunicación e prazas de Mondoñedo. Ademais, logo de manter contactos coa Comisión organizadora das feiras e festas e co Concello de Mondoñedo tamén lerán un manifestomañá venres, 19 de outubro ao remate da obra teatral ?Quintana de vivos, anguria dos orfos? que porá en escena a compañía mariñá ?O Bordelo? baixo a dirección do mindoniense Francisco Piñeiro. Este acto terá lugar ás oito e media da tarde no Auditorio ?Pascual Veiga?.

Por outra banda, o vindeiro venres, 26 de outubro a Plataforma ten convocada unha reunión ás oito da tarde na Casa da Xuventude de Mondoñedo na que estarán presentes comunidades veciñais de propietarios de montes, asociacións de produtores de madeira e as asociacións integradas na Plataforma ademais de veciños e veciñas que desexen participar a título particular.

Todas estas accións teñen un claro obxectivo que coincide co lema que está impreso nas pancartas que están colocadas en diferentes puntos de Mondoñedo estes días: ?Polo futuro industrial da Comarca e pola continuidade do Partido Xudicial Mindoniense?.

Exit mobile version