Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación oferta máis de 600 horas de formación para empregados públicos con 19 cursos do Plan Agrupado

A Deputación oferta máis de 600 horas de formación para empregados públicos con 19 cursos do Plan Agrupado

– Trátase de 10 novos cursos que, xunto cos 9 xa convocados, poñen a disposición dos traballadores das Administracións un total de 615 prazas e máis de 600 horas de formación

-Algunha das materias sobre as que versarán estes cursos son a inserción sociolaboral de desempregados, xestión orzamentaria, recadación tributaria, servizos sociais ou a aplicación da lei concursal ou da reforma laboral nas Administracións Públicas

– Máis información www.deputacionlugo.com. O prazo de presentación de solicitudes para estes cursos remata o 7 de novembro, mentres que o prazo para solicitar os convocados a pasada semana continuará aberto ata o 30 de outubro

Unha nova convocatoria de cursos pertencentes ó Plan Agrupado de Formación Continua da Deputación de Lugo fíxose pública hoxe no Boletín Oficial da Provincia. Trátase de 10 novos cursos dirixidos a todos os empregados públicos da provincia, que poderán optar a algunha das 315 novas prazas dispoñibles. Deste xeito, e tendo en conta que a institución provincial vén de publicar, a pasada semana, a 1ª convocatoria deste plan formativo, son un total de 615 as prazas para recibir as máis de 600 horas de formación totalmente gratuíta que pón en marcha a Deputación de Lugo.

A oferta formativa é moi variada, xa que as accións formativas programadas diríxense a sectores da administración ben diferentes. Materias coma xestión orzamentaria, inserción laboral de desempregados, xestión catastral, xestión de programas europeos, a lei concursal ou a reforma laboral, fan interesante esta formación para traballadores que prestan servizos en áreas coma as de servizos sociais, áreas xurídicas, de xestión tributaria e recadación ou recursos humanos. Tamén hai formación destinada a funcionarios con habilitación de carácter estatal e mesmo bombeiros e persoal das Agrupacións de Protección Civil, xa que unha das accións formativas tratará sobre as técnicas de desbloqueo en montacargas e ascensores.

As accións formativas comezarán a partires do 14 de novembro e se desenvolverán ata finais de ano, se ben hai 4 que se imparten “on line”. O resto se celebraran nas Aulas de Formación do Pazo provincial e no Parque de Bombeiros da capital

10 novos cursos

Os cursos dispoñibles son os os seguintes:

A inserción sociolaboral de persoas desempregadas “on line”

Destinatarios: Axentes de desenvolvemento local, axentes de emprego, traballadores sociais, mediadores e educadores sociais, animadores socioculturais, etc. da Administración Local da

provincia de Lugo

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 50

Horas por edición: 40

Calendario previsto: Do 19 novembro ó 21 decembro de 2012

Lei Orgánica de Protección de Datos de carácter persoal nas Administracións Públicas “on line”

Destinatarios: Persoal técnico e administrativo da Administración Local da provincia de Lugo que desempeñe as súas funcións na área xurídico-procedemental

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 50

Horas por edición: 30

Calendario previsto: Do 26 novembro ó 20 decembro de 2012

Xestión orzamentaria, endebedamento e estabilidade orzamentaria no ámbito local

Destinatarios: Secretarios-interventores, funcionarios e persoal ó servizo da Administración

local da provincia de Lugo que desempeñen postos de traballo relacionados coa materia do

curso.

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 20

Horas por edición: 25

Calendario previsto: 10, 11, 12, 13, 17 e 18 decembro de 2012

Horario: Das 16:30 h. ás 20:30 h.

Procesos informáticos en materia de xestión e recadación tributaria

Destinatarios: Persoal da Administración Local da provincia de Lugo que necesite afondar no

coñecemento desta aplicación informática en xestión e recadación tributaria

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 20

Horas por edición: 20

Calendario previsto: Do 19 ó 23 de novembro de 2012

Horario: Das 16:30 h. ás 20:30 h.

Xestión catastral

Destinatarios: Persoal da Administración Local da provincia de Lugo cuxas funcións estean

relacionadas coa xestión catastral

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 20

Horas por edición: 20

Calendario previsto: Do 19 ó 23 de novembro de 2012

Horario: Das 16:30 h. ás 20:30 h.

Desbloqueo en montacargas elevadores e ascensores

Destinatarios: Bombeiros e persoal de Agrupacións de Protección Civil da provincia de Lugo

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 15

Horas por edición: 15

Calendario previsto: 26 e 27 de novembro 2012

Horario: Das 8:00 h. ás 15:00 h.

Lugar celebración: Parque dos Bombeiros de Lugo

Técnicas de xestión de equipos en servizos sociais

Destinatarios: Traballadores sociais, educadores sociais, animadores socioculturais e persoal

de servizos sociais da Administración Local da provincia de Lugo.

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 20

Horas por edición: 20

Calendario previsto: Do 26 ó 30 novembro 2012

Horario: Das 16:30 h. ás 20:30 h.

Programas Europeos e xestión internacional “on line”

Destinatarios: Xestores de proxectos europeos e técnicos especializados en innovación,

medioambiente e enerxía da Administración Local da provincia de Lugo, interesados na

internacionalización a través de fondos europeos.

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 50

Horas por edición: 80

Calendario previsto: Do 14 novembro ó 19 decembro 2012

Reforma da lei concursal: lei 38/2011 de reforma da lei 22/2003

Destinatarios: Funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter estatal,

maxistrados e técnicos da Administración Local da provincia de Lugo

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 20

Horas por edición: 20

Calendario previsto: Do 10 ó 14 decembro de 2012

Horario: Das 16:30 h. ás 20:30 h.

Incidencia da Reforma Laboral nas Administracións Públicas “on line”

Destinatarios: Persoal técnico e administrativo da Administración Local da provincia de Lugo

cuxas funcións estean relacionadas coa xestión dos Recursos Humanos

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 50

Horas por edición: 30

Calendario previsto: Do 19 novembro ó 21 decembro 2012

Solicitudes antes do 7 de novembro

Todos os interesados en acceder a estas accións formativas, dispoñen de toda a información necesaria na páxina web www.deputacionlugo.com. Nesta páxina tamén poderán atopar e descargar o modelo de solicitude que deberán presentar, debidamente cuberto, no Rexistro Xeral da entidade, situado no edificio do Pazo provincial; por correo electrónico, no enderezo formacion@deputacionlugo.org; mediante fax dirixido ó número 982 260 169; por correo ordinario, enviando as instancias ó enderezo Rúa San Marcos, 8- 27001 Lugo; ou nos demais lugares sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/19892, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

No caso dos cursos desta 2ª convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de novembro. Os interesados en participar nalgunha das accións formativas da 1ª convocatoria, aínda teñen aberto o prazo ata o día 30 de outubro.

Exit mobile version