Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación pon en marcha novas convocatorias de formación gratuíta para os empregados públicos da provincia

A Deputación pon en marcha novas convocatorias de formación gratuíta para os 21.300 empregados públicos da provincia

– Trátase dos 9 primeiros cursos do Plan Agrupado de Formación, ós que seguirá unha nova convocatoria, que tamén se fará pública no Boletín Oficial da Provincia a vindeira semana

– Os cursos dispoñibles ofrecen 300 prazas e suman máis de 300 horas de formación gratuíta en materias coma aplicacións informáticas, uso de redes sociais, contratación pública, procedemento administrativo, normativa de seguridade vial ou atención ó cidadán

– Na páxina www.deputacionlugo.com os interesados poderán atopar a información necesaria e o modelo de solicitude que deberán presentar antes do 30 de outubro no Rexistro Xeral da entidade, mediante correo electrónico, fax ou correo ordinario

A Deputación de Lugo vén de publicar hoxe no Boletín Oficial da Provincia unha nova convocatoria de cursos formativos que a Deputación dirixe á totalidade dos 21.300 traballadores que prestan os seus servizos na Administración Pública en Lugo. Son un total de 9 cursos, que forman parte do Plan Agrupado de Formación Continua para este ano, e que están dirixidos tanto a traballadores da Administración Local, coma do resto de Administracións, así como a membros das Policías Locais de todos os Concellos da provincia, colectivo este que xa foi obxecto da acción formativa da Deputación en pasadas edicións. A estes 9 primeiros uniránse outros que se publicarán a vindeira semana.

As accións formativas comezarán a partires do 12 de novembro e, mentres que 4 delas son “on line”, as restantes desenvolveranse nas Aulas de Formación da Deputación, nas Aulas da Policía Local en San Fiz e nas Aulas do In lugo, situadas na rúa Frei Plácido Rei Lemos da capital lucense.

9 cursos, 300 prazas e máis de 300 horas de formación

As accións formativas dispoñibles ofrecen un total de 300 prazas e sumen máis de 300 horas de formación, totalmente gratuíta, en materias coma emprego de aplicacións informáticas, uso de redes sociais, contratación pública, procedemento administrativo, servizo público e atención ó cidadán ou normativa de seguridade vial, no caso do curso dirixido ós policías locais. Os cursos dispoñibles son os os seguintes:

“Servizo público e atención ó cidadán “on line”

Destinatarios: Persoal para acceso ou adscrito a oficinas de Información ao Público ou

Atención ao Cidadán, con especial vinculación a institucións da Administración Pública.

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 50

Horas por edición: 40

Calendario previsto: Do 14 novembro ó 19 decembro de 2012

“Aplicación práctica do procedemento administrativo nas Administracións Públicas “on line”

Destinatarios: Persoal técnico e administrativo dos grupos C1, C2 da Admón. Local da provincia de Lugo

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 50

Horas por edición: 40

Calendario previsto: Do 12 novembro ó 5 decembro de 2011

Actualización Policías Locais: aplicación da normativa de seguridade vial e transporte en vías urbanas

Destinatarios: Persoal do corpo da policía local da provincia de Lugo.

Nº de edicións: 02

Participantes por edición: 30

Horas por edición: 24

Calendario previsto: Do 12 ó 16 de novembro de 2012

Horario: Das 16:30 h.- 20:45 h.

Lugar celebración: Aula da Policía Local de Lugo (R/. das Artes, 33-35 – Sanfiz)

Novidades na Lei de Contratos do Sector Público “on line”

Destinatarios: Persoal técnico e administrativo da administración local da provincia de Lugo

que desempeñen as súas funcións na área de contratación.

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 50

Horas por edición: 40

Calendario previsto: Do 12 novembro ó 5 decembro de 2011

– Microsoft Word avanzado

Destinatarios: Empregados públicos da Administración Local da provincia de Lugo, con

coñecementos en word básico, que necesiten coñecer en profundidade esta aplicación

informática

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 10

Horas por edición: 25

Calendario previsto: Do 26 novembro ó 13 decembro 2012

Horario: Das 8:00 h. ás 10:00 h.

Lugar celebración: Aula Informática Deputación

Microsoft Excel Avanzado

Destinatarios: Empregados públicos da Administración Local da provincia de Lugo, con

coñecementos en excel básico e que necesiten coñecer en profundidade o manexo das

ferramentas e funcións de que dispón esta aplicación.

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 10

Horas por edición: 25

Calendario previsto: Do 26 novembro ó 5 decembro 2012

Horario: Das 17:00 h. ás 20:10 h.

Lugar celebración: Aula Informática Deputación

Microsoft Access Avanzado

Destinatarios: Empregados públicos da Administración Local da provincia de Lugo, con

coñecementos en access básico e que necesiten este tipo de aplicación para deseñar

formularios e informes.

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 10

Horas por edición: 25

Calendario previsto: Do 12 ó 21 de novembro 2012

Horario: Das 17:00 h. ás 20:10 h.

Lugar celebración: Aula Informática Fundación Lucus Augusti

A xestión patrimonial nas entidades locais “on line”

Destinatarios: Persoal técnico e administrativo (C1, C2) con responsabilidade no ámbito da

xestión patrimonial

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 50

Horas por edición: 40

Calendario previsto: Do 15 novembro ó 15 decembro de 2012

– Ferramentas Web 2.0: redes sociais e profesionais

Destinatarios: Empregados públicos da Administración Local da provincia de Lugo, que

desempeñen as súas funcións en áreas susceptibles de utilización de ferramentas

electrónicas de comunicación.

Nº de edicións: 01

Participantes por edición: 10

Horas por edición: 20

Calendario previsto: 20, 22, 23, 26 e 27 novembro de 2012

Horario: Das 16:30 h. ás 20:30 h.

Lugar celebración: Aulas do IN LUGO (R/. Frey Placido Rey Lemos, s/n)

Solicitudes antes do 30 de outubro

Todos os interesados en acceder a estas accións formativas, dispoñen de toda a información necesaria na páxina web www.deputacionlugo.com. Nesta páxina tamén poderán atopar e descargar o modelo de solicitude que deberán presentar, debidamente cuberto, no Rexistro Xeral da entidade, situado no edificio do Pazo provincial; por correo electrónico, no enderezo formacion@deputacionlugo.org; mediante fax dirixido ó número 982 260 169; por correo ordinario, enviando as instancias ó enderezo Rúa San Marcos, 8- 27001 Lugo; ou nos demais lugares sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/19892, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Exit mobile version