Site icon Crónica3.com A Mariña

A falta de contundencia condena ao Burela FS B (8-5) ante o Ribeira de Piquín

A falta de contundencia condena ao Burela FS B (8-5) ante o Ribeira de Piquín

Non foi suficiente o dominio dos de Iván Cao ‘Lucas’ ante a contundencia amosada polo Ribeira de Piquín. Dominou o equipo laranxa durante boa parte do encontro pero os locais transformaron con certa facilidade, mentres os burelaos sufrían na finalización, o que provocou unha diferenza de 8-2 no minuto 37.

A falta de cinco minutos para o final, o Burela FS Pescados Rubén B intentouno con xogo de cinco e recortou a distancia no marcador ata o 8-5 final. Foi todo o que puido facer o conxunto laranxa ante un Ribeira de Piquín máis experimentado. Gran partido non obstante do Burela FS B que segue a afianzarse na categoría da que está a ser a súa primeira tempada en Terceira.

Exit mobile version