Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación Galega de Dano Cerebral estréase nas redes sociais e lanza un blog de actualidade

FEGADACE.Federación Galega de DanoCerebral
Rúa Manuel María, 6, 2ª Planta -Despacho2•Santiagode Compostela
659 177709•comunicacion@fegadace.org
www.fegadace.org •fegadace.wordpress.com•facebook.com/Fegadace•@fegadacegalicia

Coincidindo coa celebración, o 27 de outubro, do I Foro de Familias
A Federación Galega de Dano Cerebral estréase nas redes sociais e lanza un blog de actualidade
A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) acaba de inaugurar os seus perfís nas
redes sociais, coincidindo coa celebración do I Foro de Familias de persoas afectadas, o vindeiro
día 27 de outubro. FEGADACE lanza tamén un blog que servirá como plataforma de actualidade
desta entidade e das cinco asociacións que a compoñen.
O blog de FEGADACE (http://fegadace.wordpress.com/) ofrece seccións de novidades sobre o
dano cerebral adquirido (DCA); dará conta da actualidade da Federación e das súas asociacións;
inclúe un apartado de recursos gráficos multimedia; e servirá tamén para afortalar as súas
relacións cos medios de comunicación, xa que nel vanse pendurar todos os comunicados e
posicionamentos e un pequeno dossier coas informacións publicadas na prensa.
Este blog está concebido para complementar a actual páxina web de FEGADACE, na que se
disponibiliza toda a información corporativa sobre a Federación e as asociacións, o DCA, as
súas causas, os tratamentos rehabilitadores e a axuda e apoio que, en xeral, poden ofrecer as
asociacións aos afectados e familiares.
FEGADACE afortala, ademais, a súa política comunicativa, estreando perfís nas principais redes
sociais, Facebook (http://facebook.com/Fegadace) e Twitter (@fegadacegalicia), desde os que
axilizará o seu fluxo comunicativo e divulgará as necesidades, actividades e reivindicacións do
colectivo galego de persoas afectadas polo DCA.
O lanzamento destas ferramentas coincide coa preparación do I Foro de Familias de persoas
con dano cerebral, que se vai celebrar en Santiago de Compostela o sábado, 27 de outubro. O
Foro de Familias é un espazo de encontro, debate e posta en común no que van participar
profesionais, asociacións, familiares e persoas afectadas polo dano cerebral. O programa do
Foro, que conta co apoio da Consellería de Traballo e Benestar, xa se pode consultar no blog de
FEGADACE. A data escollida responde á conmemoración do Día do Dano Cerebral Adquirido,
que se celebra cada 26 de outubro, e serve para lembrar a causa das persoas afectadas.
A Federación Galega de Dano Cerebral constituiuse en 2007 polas cinco asociacións que
traballan en Galicia: Adaceco na Coruña, Adace en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e
Sarela en Santiago. O obxectivo da Federación é contar cunha plataforma común de
interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas afectadas
polo dano cerebral. Desde agora farao, tamén, a través das redes sociais.

Exit mobile version