Site icon Crónica3.com A Mariña

A Peña Barcelonista San Miguel viaxa á Coruña a ver o partido de liga que se disputará en Riazor o 20 de outubro

A Peña Barcelonista San Miguel organiza unha viaxe á Coruña, para presenciar en directo o partido de liga que se disputará no estadio de Riazor o vindeiro sábado día 20 de outubro a partir das 22.00 h.
A saida será o mesmo sábado ás 10 h., para aproveita-la xornada na cidade herculina.
A volta está prevista para o remate do partido.
O prezo para socios é de 87 €, que supón o custo da entrada. Os non socios deberán aboar 15 € máis en concepto de transporte.
Os interesdos en apuntarse ou recibir máis información, pódense dirixir ó tfno. 625 82 10 44.
O prazo para apuntarse remata o día 10 de outubro.
A peña acordou nuha churrascada celebrada hai uns días entre os seus socios, organizar duas viaxes máis nesta temporada. Trátase dos desprazamentos a Valladolid o día 22 e 23 de decembro e a Bilbao os días 27 e 28 de abril xa do ano 2013.
Asimesmo, a peña ten aberto o prazo de captación de socios ata o 31 de outubro. As cotas de socios son de 36 € para socio adulto e de 12 € a cota infantil ata 12 anos. Os interesados poden preguntar no número facilitado anteriormente.
Por último, queren animar ós simpatizantes barcelonistas da zona, a xuntarse con esta peña para ve-los partidos por TV no restaurante Oliñas do Mar, sito na praia de Benquerencia.

Exit mobile version